Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN ACOLLE A CELEBRACIÓN DA FESTIVIDADE DOS ANXOS CUSTODIOS, PATRÓN DO CORPO DA POLICÍA NACIONAL
Celebrouse unha misa no Mosteiro do Couto, e posteriormente un acto no Pazo da Cultura, no que se entregaron sete medallas honoríficas.
Narón, 2 de Outubro de 2013.- O Mosteiro do Couto e o Pazo da Cultura de Narón acolleron hoxe os actos conmemorativos da Festividade dos Anxos Custodios, Patrón do Corpo Nacional de Policía. O auditorio naronés foi o escenario elixido para o acto de imposición de condecoracións a sete membros da Policía Nacional adscritos á comisaría de Ferrol-Narón, galardoados pola súa traxectoria profesional. As insignias foron entregadas polo Alcalde de Narón (José Manuel Blanco), o Comisario Xefe da Comisaría de Ferrol-Narón (Angel Jesús Casanova), o Presidente da Deputación (Diego Calvo), o Almirante Xefe do Arsenal Militar de Ferrol (Manuel Garat), o Xuiz Decano de Ferrol (Javier Tudela) e o Fiscal Xefe de Ferrol (Román Ruiz). O Comisario Xefe da Comisaría de Ferrol-Narón, Angel Jesús Casanova, fixo un balance deste último ano de labor do Corpo Nacional de Policía sinalando que “a diferencia do ano anterior, non tivemos que lamentar ningunha vida humana. Mantivemos a tasa de criminalidade nun índice baixo, inferior ó da comunidade e moi por debaixo do resto de España” declarou. O Comisario recalcou a necesidade de coordinación entre as diferentes forzas de orde público e seguridade privada, todo elo baixo o amparo das leis e do poder xudicial. Pola súa banda, no seu discurso de clausura, o Alcalde de Narón solicitou á Policía Nacional que manteña o esforzo de vixilancia que está a facer nas zonas máis conflitivas de Narón, por terse producido un repunte da delincuencia nas últimas semanas. José Manuel Blanco tamén solicitou a implicación da cidadanía “na construcción dunha sociedade que erradique toda forma de violencia, e onde a delincuencia non atope espazos de impunidade”, sinalou.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal