Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO DE NARÓN PARTICIPA NA MOSTRA EXPOCIDADES, PROMOVIDA POLO EIXO ATLÁNTICO NA CIDADE DE LUGO
O CONCELLO DE NARÓN PARTICIPA NA MOSTRA EXPOCIDADES, PROMOVIDA POLO EIXO ATLÁNTICO NA CIDADE DE LUGO
Permanecerá aberta ata o domingo 6 de outubro. No stand de Narón poden descargarse libros sobre o municipio nos dispositivos móbiles.
Narón, 3 de Outubro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto, e o Concelleiro de Persoal, Pablo Mauriz, viaxaron hoxe a Lugo para visitar o stand do Concello de Narón, ubicado dentro da mostra Expocidades que promove o Eixo Atlántico –entidade da cal Narón forma parte dende o día 1 de xaneiro de 2013-.

A mostra Expocidades poderá visitarse dende hoxe e ata o domingo 6 de outubro, na Avenida Alcalde Anxo López Perez (Lugo) en horario de 12:00 a 21:00 horas. Trátase da primeira edición desta exposición, na que se pretende ofrecer unha mostra de turismo das cidades que integran o Eixo Atlántico.

No expositor correspondente ó Concello de Narón, os visitantes poden atoparse con catro libros sobre este municipio (os tres volumes da “Historia de Narón” de Andrés Pena, e “Contos de Trasancos” de Eva Merlán) que poden descargar no seu teléfono móbil. Para iso, basta con escanear o “Código Q” que ten cada un destes libros, exposto no stand de Narón.

Ademáis, o Concello promociona o Pemento do Couto obsequiando con bolsas de pementos ós visitantes. Un vídeo con eventos e imaxes do Concello completa a oferta turística do municipio de Narón en Expocidades.

Expocidades naceu como unha micro-feira de turismo no seo da I Capital Cultural do Eixo Atlántico, en Vila Nova de Gaia (Portugal). Tendo en conta o éxito obtido, o Eixo Atlántico decidiu instituír este evento como medio de promoción do turismo de proximidade, sendo agora inaugurada a 1ª edición en Lugo. Este evento coincide coa celebración das Festas Patronais de Lugo, en honra a San Froilán. Ademáis, esta é unha das 34 cidades membro do Eixo Atlántico.

O Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular é unha asociación de municipios do Norte de Portugal e de Galicia, creada en 1992. Desenvolve o seu traballo no ámbito da cooperación transfronteriza en áreas coma o turismo, a cultura, o deporte, o planeamento do territorio, a innovación, o desenvolvemento sostible, a educación, e a xuventude.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal