Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A PARROQUIA DE SAN XIAO CELEBRA O I ENCONTRO-DEGUSTACIÓN DO PINCHO SOLIDARIO E UNHA FESTA INFANTIL A BENEFICIO DO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS
A PARROQUIA DE SAN XIAO CELEBRA O I ENCONTRO-DEGUSTACIÓN DO PINCHO SOLIDARIO E UNHA FESTA INFANTIL A BENEFICIO DO CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS
Se celebra o sábado 5 de outubro no Local Social Municipal de San Xiao.
Narón, 3 de Outubro de 2013.- A Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García, presentou hoxe en rolda de prensa o Encontro-degustación do Pincho Solidario e a Festa Infantil, organizados polo Concello de Narón e a Asociación de Veciños “Ceibe” de San Xiao. A presidenta desta entidade, Mª del Mar Leiras, e a tesorera, Mónica Rivera, participaron tamén na presentación.

O evento terá como obxectivo recadar alimentos, cartos, roupa e todo tipo de enseres (xoguetes, material escolar, etc…) para o Centro de Recursos Solidarios, que xestionan Cáritas e Dignidad e que atende a usuarios de Narón e comarca. Precisamente por este feito, a Concelleira de Acción Social fixo un chamamento público á participación, posto que o recadado será destinado a axuda social de persoas deste e doutros municipios.

Este encontro celebrarase o sábado 5 de outubro, no local social de San Xiao.

O programa do Encontro-degustación do Pincho Solidario é o seguinte:

-De 12:00 a 14:30 horas: Degustación de pinchos solidarios ata rematar existencias. Prezo: 1 euro/unidade. Os pinchos serán elaborados polos membros da AVV de San Xiao, e tamén se aceptarán donativos gastronómicos para degustar nesa xornada.

-Actuacións musicais: (para entrar a ver os concertos, haberá que facer un donativo de 1 kilo de alimentos)

12:00 horas: Cantareiras de Sedes.
12:30 horas: Solista con música: Lázaro.
13:30 horas: Solista con música: Judith.

-16:30 horas: Festa infantil con música, inchables, xogos monitorizados, globoflexia….

-19:30 horas: Lectura das persoas e entidades donantes. Contabilización en directo de donativos en metálico, alimentos, roupa e resto de artigos recadados.

Durante toda a xornada, haberá unha “urna solidaria” instalada no local social municipal de San Xiao, na que as persoas asistentes podan facer a súa aportación solidaria. Tamén sortearanse agasallos doados polos comerciantes de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal