Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O DOMINGO DIA 13 CELÉBRASE A XIII FEIRA DO MEL E DOS PRODUTOS ECOLÓXICOS, NO RECINTO DO TRECE
Consulte aquí o programa de actividades deste evento.
Narón, 10 de Outubro de 2013.- O vindeiro domingo 13 de outubro celebrarase a 13ª edición da Feira do Mel e dos Produtos Ecolóxicos, no Recinto Feiral do Trece, en Sedes. Terá lugar en horario de mañá (de 10 a 14 horas) e de tarde (de 16 a 19 horas). O evento foi presentado hoxe en rolda de prensa polos concelleiros de Feiras e Mercados (Mª del Mar Gómez), Medio Ambiente (Manuel Ramos), Ensino e Bibliotecas (Mª del Carmen Espada) e o responsable da Asociación Galega de Apicultura (AGA) en Ferrolterra, Rafael Díaz. O programa de actividades inclúe a exposición e venta de meles artesanais da bisbarra e produtos ecolóxicos, talleres divulgativos, degustación gratuita de mel con queixo e pan ecolóxico, e sorteo entre os asistentes de 13 cestas con produtos da feira. Haberá 10 postos de apicultores, e outros 13 postos de produtores ecolóxicos (que ofrecerán legumes, hortalizas, froita e cosmética ecolóxica), procedentes de diferentes puntos de Galicia. Ademáis, ofrecerase degustación de queixo, mel e pan ecolóxico, e realizaranse dous talleres específicos sobre a Mel: -Obradoiro de procesado da mel (demostración en vivo do proceso de fabricación do mel). -Obradoiro de moldeado de cera (realizaranse velas e outras figuras a partires do mel). Ademáis, como principal novidade este ano realizaranse dous Obradoiros sobre Rosalía de Castro, coincidindo co 150 aniversario da publicación de Cantares Galegos, que está considerada coma unha das obras fundamentais no rexurdir da literatura galega . Estes talleres están organizados pola Concellería de Educación, a través do Servizo de Normalización Lingüística, e diríxense fundamentalmente a rapaces e rapazas de Educación Primaria e Secundaria. Terán lugar na Feira do Trece no seguinte horario: De 10.00 a 14.00Obradoiro Chapando a Rosalía De 16.00 a 18.00Obradoiro Renova a camisola con Rosalía De 18.00 a 19.00A paisaxe de Rosalía.  Chapando a Rosalía É un obradoiro de lectura de poemas de Rosalía e realización de chapas. Farase unha lectura de poemas escollidos de Cantares Gallegos e tras comentalos brevemente animaremos a que cada quen escolla un ou varios versos. Os versos escollidos serán os que, xunto cun debuxo da autora que eles deberán colorear, aparecerá no resultado final. Finalmente cada quen levará para a súa casa a chapa coa figura de Rosalía e o verso que elixiu.  Renova a camisola con Rosalía de Castro É un obradoiro de pintura e creatividade literaria sobre camisolas. Cada participante debe crear un lema para a súa camisola, guiándose por sinxelos xogos de escrita creativa que poden variar en función da idade das e dos participantes: creación de acrósticos a partir do nome da autora, reelaboración de versos a partir de parellas de palabras escollidas ao chou,… O lema escribirase sobre a parte posterior da camisola. Créase un deseño para plasmar na parte de diante da camisola. Este deseño pode estar inspirado no lema ou ben pode usarse unha plantilla coa propia figura da autora. Para estas actividades pídese que as e os participantes acheguen as súas vellas camisolas, pois aprovéitase para introducir conceptos arredor da reutilización de obxectos cotiáns. Non obstante, achegaranse camisolas a aquelas crianzas que non dispoñan dalgunha axeitada para a actividade.  A paisaxe de Rosalía É un obradoiro de narración oral para rapazada de Primaria que inventa as aventuras e trasnadas da pequena Rosalía a partir dos poemas de Cantares Galegos e presenta o contorno natural e patrimonial onde transcorreu a súa infancia. Nunha calorosa tarde de últimos do verán, a nena Rosalía escapa da casa de Ortoño para se ir bañar no río. Adormecerá e sorprenderaa a noite soa e fóra da casa. No camiño de volta atoparase con diferentes personaxes extraídos das páxinas de Cantares, que obstaculizarán ou axudarán o seu camiño de regreso. Esta narración precisa da implicación activa da audiencia na resolución dunha serie de probas que se lle presentan á protagonista, pero que en realidade deberá ser o público quen resolva para que a historia poida continuar. Esas probas consisten en elaborar rimas, facer debuxos ou resolver adiviñas,… Paralelamente, AGA Ferrolterra organiza, en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente de Narón, unhas Xornadas Técnicas sobre Apicultura Sostible no salón de actos da Biblioteca Municipal de O Alto. O programa das xornadas é o seguinte: -Martes 15 outubro (de 19 a 21 horas). Xesús Asorey Martínez, Biólogo compostelán especializado en apicultura. "Calendario apícola. Tarefas do apicultor ao longo do ano". -Xoves 17 outubro (de 19 a 21 horas). Rafael Díaz Nieto, Delegado na bisbarra de AGA. "As abellas como bioindicadores da saúde do medioambiente. Plaguicidas eo seu efecto nocivo nas abellas e na saúde humana e chegada da vespa velutina". -Sábado 19 outubro (de 11 a 13 horas). Juan J. Lastra Menéndez, catedrático do Departamento de Bioloxía e Sistemas da Universidade de Oviedo. "Flora de interés apícola". Este experto de botánica apícola fará unha amplía exposición da nosa flora.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal