Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
NARÓN ACOLLERÁ O II ENCONTRO GALAICO-ASTUR DE AUTOCARAVANISMO
NARÓN ACOLLERÁ O II ENCONTRO GALAICO-ASTUR DE AUTOCARAVANISMO
Celébrase o sábado 19 de outubro no Pazo da Cultura de Narón, en horario de mañá.
Narón, 10 de Outubro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, a Concelleira de Turismo, María Porto, o Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e os directivos da Asociación Galega de Autocaravanas (AGA), Jorge Ferreiro (Presidente) e Francisco Pena (Secretario), presentaron hoxe en rolda de prensa o II Encontro Galaico-Astur de Autocaravanismo, que se desenvolverá o sábado 19 de outubro no Pazo da Cultura, en horario de mañá.

O programa deste encontro desenvolverase como sigue:

11:00 horas: Presentación e Inauguración do II Encontro Galaico-Astur de Autocaravanismo. Intervirán: Jorge Ferreiro (Presidente da AGA), José Manuel Blanco (Alcalde de Narón) e Nava Castro (secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia).

11:15 horas: 1ª Ponencia: Perfil socio-económico do autocaravanista. Intervén Isaac García Palacios, presidente do Club Autocaravanista do Principado de Asturias (CAPA) e abogado.

11:30 horas: 2ª Ponencia: O turismo en autocaravana na normativa estatal: normativa de costas (estacionamento e pernocta), de seguridade vial (circulación, parada e estacionamento), e de parques e espazos naturais (estacionamento e pernocta). Interveñen: José María Suárez (secretario de CAPA e abogado), Francisco Javier López (Tenente Xefe de Tráfico da Garda Civil de Ferrol) e Carlos Gonzalo Muñoz (Xefe do Servizo de Conservación da Natureza).

11:50 horas: 3ª Ponencia: Regulación do Turismo en autocaravana nas Comunidades Autónomas. Interveñen: Nava Castro (secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia), Julio González (director xeral de Comercio e Turismo do Principado de Asturias), Ignacio García (presidente da Federación Asturiana de Concejos), José Luis Quintero (Presidente da FEAA), Iñigo Sebastián Goenaga (presidente de SOLBERTZ) e José Luis Gándara (presidente ACYLA).

12:35 horas: 4ª Ponencia: O turismo en autocaravana: perspectiva municipal. Interveñen: Ignacio García Palacios (presidente da Federación Asturiana de Concejos), Enrique Fernández (Alcalde de Tapia de Casariego), Javier Jorge Castiñeira (Alcalde de Foz), Jesús Otero (Alcalde de Vila de Cruces), Rafael Girón (Alcalde de Ortigueira), Ramón Noceda (Alcalde de Carnota), Rafael Rodríguez (Alcalde de Amoeiro), e Jaime Sousa (presidente de “O Mundil”).

13:05 horas: Presentación da empresa Saras Energía S.A. a cargo de David Izquierdo del Barrio. Esta empresa adícase á construción de áreas

13:15 horas: Conclusións, a cargo de José Luis Quintero (presidente da FEAA) e turno de preguntas por parte do público asistente.

13:45 horas: Entrega de Premios da Excelencia Autocaravanista 2013.

14:00 horas: Actuación da Banda de Gaitas do Padroado de Cultura do Concello de Narón, e actuación da Rondalla “Añoranzas” de Ferrol.

14:25 horas: Clasura do II Encontro Galaico-Astur de Autocaravanismo.

Os organizadores deste Encontro de Autocaravanismo teñen elexido Narón por ser un dos concellos de Galicia con máis facilidades para os autocaravanistas. De feito, este municipio conta cun área de servizo para as autocaravanas no Polígono de Río do Pozo (con capacidade para vaciar as augas grises e negras, e encher os depósitos de auga) e unha área recreativa para o estacionamento de autocaravanas, en Pedroso.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal