Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PROVISIÓN DE DÚAS PRAZAS DE FUNCIONARIOS DOS SERVIZOS EXTERNOS
Ao longo dos vindeiros días reuniranse as comisións de valoracións de méritos dos concursos convocados para a provisión de dúas prazas de funcionarios dos servizos externos do Concello de Narón, de acordo coa oferta de emprego público deste ano 2007.
Así o día dez de agosto ás dez horas da mañá reunirase a comisión de valoración de méritos dunha praza de Xefe de Grupo de Mantenemento. Trátase dun posto de traballo a cubrir polo sistema de promoción interna entre funcionarios do propio Concello que contan coas cacterísticas e requisitos esixidos nas bases específicas que rixen esta convocatoria. Por outra banda o luns día trece deste mes lle tocará o turno ao tribunal encargado da selección, por idéntico procedemento, dunha praza de Xefe de Grupo de Taller. Nambolos dous casos trátase de adaptar os postos de traballo actuais ás necesidades e demandas reais deses servizos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal