Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
MÁIS DE 500 PERSOAS DÉRONSE CITA NO II ENCONTRO GALAICO-ASTUR DE AUTOCARAVANISMO
MÁIS DE 500 PERSOAS DÉRONSE CITA NO II ENCONTRO GALAICO-ASTUR DE AUTOCARAVANISMO
O Alcalde de Narón inaugurou a xornada, que se celebrou o sábado 18 de outubro no Pazo da Cultura.
Narón, 21 de Outubro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, inaugurou o pasado sábado 19 de outubro o II Encontro Galaico-Astur de Autocaravanismo, que se celebrou nesa xornada no Pazo da Cultura de Narón. Trátase dun congreso organizado pola Asociación Galega de Autocaravanas (AGA), en colaboración co Concello de Narón e co Club Autocaravanista do Principado de Asturias (CAPA).

Autoridades presentes

Na inauguración deste encontro tamén estiveron presentes o Director Xeral de Planificación e Inspección Turística da Xunta de Galicia (José Luis Maestro), o Director Xeral de Comercio e Turismo do Principado de Asturias (Julio González), o Presidente da Federación Asturiana de Concejos (Ignacio García Palacios), o Xefe do Servizo de Conservación da Natureza (Carlos Gonzalo Muñoz), o Presidente do Club Autocaravanista do Principado de Asturias (Isaac García Palacios) e o Presidente da Asociación Galega de Autocaravanas (Jorge Ferreiro).

Ademáis, asistiron diferentes alcaldes da comarca de Ferrolterra (como os de Fene –Gumersindo Galego- ou Ortigueira –Rafael Girón-), do resto da provincia (A Laracha e Padrón, entre outros), doutras provincias de Galicia (Palas de Rei, Viladecruces) e de Asturias (Navia –Ignacio García Palacios- e Tapia de Casariego –Enrique Fernández Castelao-).

Programa do II Encontro de Autocaravanas

O programa das xornadas foi o seguinte:

11:15 horas: 1ª Ponencia: Perfil socio-económico do autocaravanista. Intervén Isaac García Palacios, presidente do Club Autocaravanista do Principado de Asturias (CAPA) e abogado.


11:30 horas: 2ª Ponencia: O turismo en autocaravana na normativa estatal: normativa de costas (estacionamento e pernocta), de seguridade vial (circulación, parada e estacionamento), e de parques e espazos naturais (estacionamento e pernocta). Interveñen: José María Suárez (secretario de CAPA e abogado), Francisco Javier López (Tenente Xefe de Tráfico da Garda Civil de Ferrol) e Carlos Gonzalo Muñoz (Xefe do Servizo de Conservación da Natureza).

11:50 horas: 3ª Ponencia: Regulación do Turismo en autocaravana nas Comunidades Autónomas. Interveñen: Nava Castro (secretaria xeral de Turismo da Xunta de Galicia), Julio González (director xeral de Comercio e Turismo do Principado de Asturias), Ignacio García (presidente da Federación Asturiana de Concejos), José Luis Quintero (Presidente da FEAA), Iñigo Sebastián Goenaga (presidente de SOLBERTZ) e José Luis Gándara (presidente ACYLA).

12:35 horas: 4ª Ponencia: O turismo en autocaravana: perspectiva municipal. Interveñen: Ignacio García Palacios (presidente da Federación Asturiana de Concejos), Enrique Fernández (Alcalde de Tapia de Casariego), Javier Jorge Castiñeira (Alcalde de Foz), Jesús Otero (Alcalde de Vila de Cruces), Rafael Girón (Alcalde de Ortigueira), Ramón Noceda (Alcalde de Carnota), Rafael Rodríguez (Alcalde de Amoeiro), e Jaime Sousa (presidente de “O Mundil”).

13:05 horas: Presentación da empresa Saras Energía S.A. a cargo de David Izquierdo del Barrio. Esta empresa adícase á construción de áreas

13:15 horas: Conclusións, a cargo de José Luis Quintero (presidente da FEAA) e turno de preguntas por parte do público asistente.

13:45 horas: Entrega de Premios da Excelencia Autocaravanista 2013.

14:00 horas: Actuación da Banda de Gaitas do Padroado de Cultura do Concello de Narón, e actuación da Rondalla “Añoranzas” de Ferrol.

14:25 horas: Clasura do II Encontro Galaico-Astur de Autocaravanismo.


Este encontro conseguíu reunir a máis de 500 persoas no Pazo da Cultura, e a maioría delas desprazáronse ata Narón dende outros puntos de Galicia e Asturias, nas súas autocaravanas. Estes vehículos permaneceron estacionados no Paseo Marítimo de Xuvia, contabilizándose máis dun centenar dos mesmos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal