Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NARÓN
XORNADA DE PORTAS ABERTAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NARÓN
Con motivo da celebración do Día da Biblioteca, o Xoves 24 de outubro.
Narón, 21 de Outubro de 2013.- O vindeiro Xoves 24 de outubro, con motivo da celebración do Día da Biblioteca, as instalacións da Biblioteca Municipal do Alto acollerán unha Xornada de Portas Abertas na que farase unha visita guiada por todo o edificio.

Haberá dúas quendas:

-Pola mañá (adultos) de 11:00 a 12:00 horas
-Pola tarde (público familiar): de 18:00 a 19:00 horas

A través desta visita, as persoas usuarias poderán acceder ós espazos de traballo interno e coñecer de primeira man as tarefas que neles se leven a cabo. Ademáis, ofreceranse nocións básicas sobre a organización do fondo e os servizos que se prestan.

Os interesados en participar deberán reservar praza nunha das dúas quendas, ben de maneira presencial na propia Biblioteca, ou por teléfono (981 38 21 73). O número máximo de participantes é de 20 persoas por quenda, pero no caso de haber moita demanda, poderase aumentar o número de quendas.

Outras actividades

Na Biblioteca Municipal do Alto acolle actualmente unha exposición da obra de Manuel Álvarez Torneiro, escritor coruñés que ven de ser galardoado co Premio Nacional de Poesía 2013.

Tamén se está a desenvolver o programa de Audicións musicais de Guiseppe Verdi, con motivo do 200 aniversario do seu nacemento. As pezas musicais están a sonar nos primeiros minutos tras a apertura e nos últimos minutos antes do peche (tanto pola mañá coma pola tarde).

Ademáis, durante este mes permanece aberta ó público a exposición “Maquila Boutique” da ONG Implicadas no desenvolvemento. A exposición consta de 14 paneis e 15 pezas de roupa cos que se pretende denunciar a explotación laboral por parte das compañías sobre as que existen informes ao respecto nos países do sur.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal