A BIBLIOTECA DO ALTO ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN SOBRE A EXPLOTACIÓN LABORAL NOS PAÍSES DE SUDAMÉRICA
A ONG "Implicadas no desenvolvemento" trata de concienciar ós visitantes sobre esta realidade, a través da mostra que leva por título "Maquila Boutique".
Narón, 23 de Outubro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e as Concelleiras de Educación e Bibliotecas (Mª del Carmen Espada) e Acción Social (Catalina García) visitaron hoxe na Biblioteca Municipal do Alto a exposición “Maquila Boutique” promovida pola ONG Implicadas no desenvolvemento.
Trátase dunha mostra formada por 14 paneis e 15 pezas de roupa cos que se pretende denunciar a explotación laboral por parte das compañías sobre as que existen informes ao respecto nos países do sur.
Esta exposición permanecerá aberta na Biblioteca durante o mes de outubro, en horario de atención ó público.