Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA TURÍSTICA DO CONCELLO DE NARÓN
Haberá tres premios en metálico, de 150 a 750 euros. As bases do concurso poden consultarse na web www.turnaron.es
Narón, 28 de Outubro de 2013.- A Concelleira de Turismo de Narón, María Rodríguez Porto, presentou hoxe en rolda de prensa a cuarta edición do Concurso de Fotografía do Concello de Narón. Van xa catro anos que dende o Concello de Narón promóvese esta iniciativa, que ten como obxectivo “amosar a riqueza de Narón tanto en patrimonio monumental e arqueolóxico como en espazos naturais de interese, de lecer, culturais, tecnolóxicos ou festas populares” tal e como indicou a edil. O único requisito para poder participar neste concurso é que as fotografías sexan dun lugar ou entorno pertencente ó municipio de Narón, e que ese sitio sexa recoñecible. Como en anos anteriores, cada participante poderá presentar 3 fotografías ó concurso, que deberán ser inéditas, en branco e negro ou en color, e admitiranse retoques pero non se poderán facer montaxes nin superposicións. O prazo para participar neste concurso finaliza o día 21 de novembro. A inscrición é de balde, e poderán participar tanto fotógrafos afeccionados como profesionais maiores de idade. As fotografías entregaranse nun sobre pechado, no Rexistro Xeral do Concello. As bases deste concurso pódense consultar na páxina web da Concellería de Turismo: www.turnaron.es Os membros do xurado, que valorarán as propostas e elexirán as tres fotografías premiadas, serán os seguintes: Kiko Delgado (fotógrafo de El Correo Gallego), Alfonso López (director de Cadena Dial Rías Altas), Manuel Alvarez (Técnico de Información e Comunicación do Concello de Narón), María Luaces (Responsable de Prensa do Concello de Narón), e María Rodríguez Porto (Concelleira de Turismo). Haberá tres premios en metálico: 1º premio: 750 euros 2º premio: 300 euros 3º premio: 150 euros A Concelleira de Turismo fixo un chamamento público “ós naroneses e naronesas que lles guste a fotografía a participar neste concurso, no que ademais de optar a un premio pódelles servir para coñecer mellor o noso territorio e a nosa paisaxe” concluíu María Rodríguez Porto.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal