Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA XORNADA SOBRE O IMPACTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO NAS MULLERES CON DISCAPACIDADE
A CONCELLERÍA DE IGUALDADE ABRE O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA XORNADA SOBRE O IMPACTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO NAS MULLERES CON DISCAPACIDADE
Se celebrará os días 19 e 20 de novembro na planta baixa da Biblioteca Municipal, en horario de tarde.
Narón, 30 de Outubro de 2013.- A Concellería de Promoción Social de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, ven de organizar unha “Xornada sobre o impacto da violencia de xénero nas mulleres con discapacidade” que se desenvolverá os días 19 e 20 de novembro (de 16:00 a 20:00 horas) na planta baixa da Biblioteca Municipal do Alto.

Esta xornada está dirixida a mulleres con diversidade funcional, e as interesadas en asistir poden inscribirse no Rexistro Xeral do Concello dende o 31 de outubro ata o 15 de novembro. Formaranse dous grupos como máximo, con 25 persoas cada un deles.

Esta xornada forma parte do II Plan de Igualdade do Concello de Narón en ten como obxectivo reforzar as actuacións dirixidas a mulleres pertencentes a colectivos en situación de especial vulnerabilidade, atendendo á súa diversidade. Tamén se pretende fomentar a inclusión das persoas con diversidade funcional, atendendo ás súas necesidades especiais dende o punto de vista da igualdade. Outros obxectivos son identificar actuacións de violencia de xénero, sensibilizar sobre a necesidade de denunciar calquera tipo de violencia, e divulgar e achegar os dispositivos e centros contra a violencia de xénero.

O programa da “Xornada sobre o impacto da violencia de xénero nas mulleres con discapacidade” é o seguinte:

1.- A violencia contra as mulleres en todas as súas manifestacións.

*Definición.
*Características.
*Tipos de violencia (nomeadamente malos tratos físicos e psíquicos,
violencia sexual, acoso sexual)
*Normativa en materia de violencia de xénero.


2.- A discapacidade en Galicia dende a perspectiva de xénero.

*Estatísticas.
*Emprego e formación.
*Saúde e benestar.
*Lecer e participación.


3.- O impacto da violencia de xénero sobre as mulleres con discapacidade

*Especiais características da violencia de xénero nas mulleres con discapacidade.
*Presentación da información recollida no Informe sobre Xénero e Discapacidade da Xunta de Galicia 2012 ao respecto e informes de carácter local.


4.- Mesa redonda con representantes das asociacións contactadas, na que cada representante contará a experiencia en materia de igualdade e violencia de xénero na súa entidade, con debate posterior. Entidades participantes:

-Vida activa.
-Teima.
-Cogami.
-Aspanemi.
-Chamorro.
-Aspanaes.
-Afaes.
-Asociación de Minusválidos de Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal