Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A FUNDACIÓN SECRETARIADO XITANO ASINAN UN CONVENIO PARA TRABALLAR COA COMUNIDADE XITANA DE NARÓN
Narón, 31 de Outubro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Fundación Secretariado Gitano, Pedro Puente Fernández, asinaron hoxe un convenio de colaboración para continuar co programa de intervención social que vense desenvolvendo dende o ano 2007 en Narón. Na firma do acordo tamén estivo presente a Concelleira de Acción Social de Narón, Catalina García. O convenio ten unha vixencia anual, e o importe do mesmo é de 13.250€. Este programa ten como principal obxectivo a mellora da calidade de vida das persoas xitanas que viven en Narón, a través de proxectos de integración deste colectivo nos eidos escolar, social e laboral. En concreto, promóvense accións nos campos da vivenda, a educación, o emprego, a sensibilización social, e a familia. FUNDACION SECRETARIADO GITANO: A Fundación Secretariado Gitano (FSG) trata de desenvolver un traballo de normalización coas persoas xitanas para que éstas se incorporen á sociedade e utilicen os servizos públicos (educativos, sanitarios, sociais…). Dende a Fundación tamén se promove o traballo coas administracións locais, e a implicación das persoas afectadas. Todo iso se realiza cun enfoque intercultural, procurando o respeto e coñecemento mutuo pero tamén poñendo en valor as enriquecedoras diferencias. Segundo datos aportados pola FSG, en Narón residen 76 familias xitanas (nos barrios de San Xiao, A Gándara, Santa Icía, Doso, San Mateo e Freixeiro). As actividades e accións desenvolvidas dende a Fundación se relacionan, entre outras, cos ámbitos do ensino, a vivenda, o emprego, a sensibilización social e a acción social. Case a metade destas familias (o 44%) ocupan vivendas normalizadas, pero os asentamentos chabolistas de Freixeiro e San Mateo seguen a ter moito peso na imaxe estereotipada da comunidade xitana por parte do resto da poboación. A FSG quere seguir traballando para que todas e cada unha das familias residan en vivendas dignas, xa que a vivenda é un factor clave na inclusión social das persoas, posto que conleva un acceso normalizado ó ensino, ó emprego e á sanidade. A maioría dos nenos/as de etnia xitana están escolarizados en Educación Primaria, pero a continuidade na ensinanza Secundaria segue a ser un importante problema. Segundo a FSG, 8 de cada 10 mozos non obteñen o graduado en ESO e este é un punto de partida moi negativo de cara á súa formación profesional. A FSG está a realizar importantes esforzos de orientación escolar e apoio educativo, para que esta brecha respecto ó resto da poboación sexa cada vez menor.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal