Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DO NÚMERO 9 DA REVISTA "DAMEUNTOKE" DIRIXIDA Á MOCIDADE DE NARÓN
PRESENTACIÓN DO NÚMERO 9 DA REVISTA
Repartiranse exemplares nos colexios, institutos e edificios municipais da cidade.
Narón, 6 de Novembro de 2013.- A Concellería de Mocidade de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de editar o número 9 da revista da mocidade de Narón “Dameuntoke”. Esta publicación, de carácter cuatrimestral, distribuirase dende hoxe entre os colexios, institutos e edificios públicos de Narón.

En total, está previsto o reparto de 893 exemplares desta publicación, nos seguintes lugares:

-Colexio Santiago Apostol (3º e 4º de ESO).

-Colexio Ayala (3º e 4º de ESO).

-Colexio O Feal (3º e 4º de ESO).

-Colexio Jorge Juan (3º e 4º de ESO).

-IES Terra de Trasancos (3º e 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos de FP).

-IES As Telleiras (3º e 4º de ESO, Bacharelato e Ciclos de FP).

-Biblioteca Municipal de O Alto.

-Casa da Mocidade.

-Pazo da Cultura.

CONTIDOS:

O número 9 da revista Dameuntoke inclúe unha entrevista coa naronesa Lidia Mesías (a máxima goleadora de 1ª División do Fútbol Sala Feminino) na que fala sobre a súa vida como deportista profesional.

Outra das protagonistas desta publicación é Ana Queipo, unha rapaza de Narón que estudia no IES Terra de Trasancos e que ten moitas inquedanzas intelectuais: escribe poesía, guións de curtametraxes, fai teatro, monólogos….

No apartado adicado ás novas tecnoloxías inclúese unha reportaxe sobre como buscar emprego a través da rede social Lindekin, e os diferentes usos que pódense dar a esta ferramenta tecnolóxica.

En Dameuntoke tamén se recolle un especial sobre a Biblioteca Municipal do Alto, no que ademáis das habituais recomendacións, pódense descubrir as listas de éxitos deste verán pasado e as últimas incorporacións: os audiolibros.

Outro dos temas desta publicación versa sobre as Oficinas de Atención ó Consumidor, e cómo facer valer os nosos dereitos a través destos servizos.

Tamén se ofrecen consellos de saúde para aquelas persoas que estén pensando en facer un tatuaxe ou un piercing no seu corpo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal