Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PARCELAS DO SECTOR IV DE RÍO DO POZO OFÉRTANSE CUNHA BONIFICACIÓN DO 50% DO PRECIO TOTAL
PARCELAS DO SECTOR IV DE RÍO DO POZO OFÉRTANSE CUNHA BONIFICACIÓN DO 50% DO PRECIO TOTAL
A promoción exténdese sobre 20 parcelas, ata o 29 de novembro. A documentación pode consultarse en www.sepes.es
Narón, 13 de Novembro de 2013.- A directora xeral da SEPES (Entidade Estatal de Suelo), Lucía Molares, visitou hoxe o Concello de Narón para anunciar o acordo adoptado no Consello de Administración deste organismo celebrado o pasado venres 8 de novembro, segundo o cal se ofertan unha serie de bonificacións económicas en determinadas parcelas de 23 polígonos industriais de España -de titularidade nacional- entre eles o Polígono de Río do Pozo.

O plan deseñado pola SEPES para Narón contempla a bonificación do 50% do prezo de venta de 20 parcelas situadas no sector IV deste parque empresarial, que suman un total de 169.135,91 m2 de superficie bonificada.

Esta convocatoria estará vixente ata o día 29 de novembro de 2013, data na que finaliza o prazo de presentación de ofertas. A documentación está disponible no enderezo: www.sepes.es e as solicitudes poden presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Narón.

Os interesados poderán elixir entre o pago ó contado ou pago aprazado. Neste último caso, a SEPES ofrece unha financiación de ata o 75% do prezo total da parcela, e 10 anos de prazo para devolver o préstamo.

A venta realizarase mediante concurso público, no que se valorarán tres criterios na adxudicación das parcelas: o pago ó contado, o prezo total da parcela, e o número de anos no que se abonará. Terán prioridade as solicitudes nas que se oferte o pago ó contado. A venta en escritura pública deberá realizarse antes do 31 de decembro de 2013.

As parcelas bonificadas foron seleccionadas en base á súa potencial demanda, ó ser as de maior superficie disponible actualmente. As dimensións por parcela oscilan entre os 4.000 m2 e os 21.000 m2, cun prezo moi competitivo: a partires de 30€/m2.

O Alcalde de Narón agradeceu a sensibilidade da SEPES á hora de tomar esta decisión, posto que “ata agora estábamos competindo cos polígonos industriais de propiedade autonómica en desigualdade de condicións, posto que eles baixaron o prezo das parcelas anteriormente”, indicou José Manuel Blanco.

Con esta nova situación ofrécese “unha oportunidade de inversión para os emprendedores. Estamos intentando achegar a oferta á demanda, facendo un esforzo moi importante pola nosa banda” apuntou a Directora Xeral da SEPES, Lucía Molares. “Queremos que o prezo non sexa un freno, senón un incentivo”, engadíu a máxima representante da Entidad Estatal de Suelo, dependente do Ministerio de Fomento.

O primeiro edil de Narón expresou o seu desexo de que “isto sexa un primeiro paso para a comercialización total do Polígono de Río do Pozo –no que aínda quedan outras 48 parcelas libres- e que no ano 2014 haxa outra oferta de bonificacións, coincidindo coa convocatoria de axudas do Plan Ferrol”, declarou o Alcalde.

Na rolda de prensa de hoxe tamén estiveron presentes o Concelleiro de Promoción e Xestión de Polígonos Industriais de Narón, Pablo Villamar, e o Xefe de División de Ventas Norte da SEPES, Juan Ros Bersabé.


Descarga de archivos
Información sobre as parcelas promocionablesTamaño: 2,85 MBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal