Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONCEDIDA UNHA SUBVENCIÓN PARA CONTRATAR DESEMPREGADOS NA REPARACIÓN DE BEIRARRÚAS
O Concello de Narón ven de recibir no día de hoxe (8-8-07)a comunicación oficial da concesión dunha subvención pola Delegación Provincial da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia para a contratación dese persoal.
O importe total da concesión outorgada ascende á cuantía de trinta e seis mil oitocentos noventa e sete con setenta e dous euros "36.897,72 €" e concédese ao amparo dunha liña de axudas ás entidades locais para a contratación de traballadores desempregados para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social. As características dos contratos e dos traballadores a subvencionar son as seguintes: 2 postos de albanel, en xornada completa para seis meses de contrato e 2 postos de Peón en idénticas condicións. Nambolos dous casos as axudas destínanse tanto aos custos salariais como de seguridade social dos traballores en situación de desemprego. A provisión das prazas farase a través da oportuna petición ao INEM.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal