Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PROTECCIÓN CIVIL ORGANIZA UN CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS PEDIÁTRICOS PARA PERSOAL DAS ESCOLAS INFANTIS MUNICIPAIS
Os encargados de impartilo son un médico, dúas enfermeiras e un técnico sanitario, voluntarios da agrupación naronesa.
Narón, 15 de Novembro de 2013.- Persoal Sanitario de Protección Civil de Narón está a organizar un curso de “Primeiros auxilios pediátricos” dirixido ós traballadores/as das tres Escolas Infantís Municipais de Narón (A Solaina, Piñeiros e A Gándara). O curso estase a celebrar os fines de semana (a razón de un fin de semana por cada EIM) nas instalacións de Emerxencias Narón, no polígono de Río do Pozo, en horario de 9:00 a 15:00 horas. O pasado sábado día 9 foi o turno no persoal da EIM de A Solaina, e mañá día 16 asistirán traballadores/as de A Gándara. O curso finalizará o día 23 coa formación do persoal de Piñeiros. Os encargados de impartir este curso son 1 médico, 2 enfermeiras e 1 técnico sanitario, voluntarios de Protección Civil e con ampla experiencia na formación en primeiros auxilios. Sustentado no principio de autoprotección, este curso ten como obxectivo a capacitación do persoal ó coidado de nenos/as menores de 3 anos para realizar os primeiros auxilios ata a chegada dos servizos sanitarios.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal