Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ONG LENA ASINAN UN CONVENIO PARA DESENVOLVER UN PROXECTO EDUCATIVO E SOLIDARIO EN BRASIL
Trátase dun programa dirixido á infancia da rexión de LenÇois, en Bahía.
Narón, 15 de Novembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a presidenta da ONG Lena (con sede en Narón), Mercedes Taibo, asinaron hoxe un convenio de colaboración en materia de Participación Cidadá, acompañados pola Delegada da área, Catalina García. Trátase dun acordo segundo o cal ambas partes colaboran para desenvolver e manter o proxecto educativo e solidario que está a levar a cabo a ONG Lena dende fai varios anos, na rexión brasileña de LenÇois (Bahía). O Concello contribuirá cunha achega de 4.000 €, que se empregarán na execución deste programa educativo dirixido á infancia. Para máis información pódese consultar a web da ONG Lena: http://onglena.wordpress.com/

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal