Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE NARÓN E A ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE NARÓN E A ASOCIACIÓN SOCIOCULTURAL DE MINUSVÁLIDOS
A administración local achegará un total de 15.000 euros para actividades relacionadas coa promoción social de persoas con diversidade funcional.
Narón, 18 de Novembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Asociación Sociocultural de Minusválidos (ASCM), Angel Gárate, asinaron hoxe un convenio de colaboración, acompañados da Concelleira de Promoción Social de Narón, Teresa Sabio.

O acordo ten unha vixencia anual (de xaneiro a decembro de 2013) e a finalidade do mesmo é o desenvolvemento por parte da ASCM, de programas a prol das persoas con discapacidade residentes en Narón. Ademáis, con carácter específico, garantizarase ás persoas con algún grao de dependencia, a máxima integración e acceso normalizado aos servizos e recursos sociais do seu contorno, a través dun programa de transporte adaptado para favorecer a súa mobilidade.

En concreto, os obxectivos específicos deste convenio son os seguintes:

-Cooperación co Concello para a atención de persoas con discapacidade.
-Organización de actividades formativas para a súa inserción social e laboral
-Programas socioeducativos e socioculturais.
-Disposición dun transporte adaptado que favoreza a organización da vida cotiá das persoas con diversidade funcional.

O presidente da ASCM agradeceu ó Concello o esforzo que supón manter un convenio destas características nos tempos actuais, mentres que o Alcalde confirmoulle a continuidade da colaboración no ano 2014.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal