Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O EQUIPO DE EDUCACIÓN VIAL DE NARÓN E A EMPRESA BICIMARKET CHEGAN A UN ACORDO PARA O PATROCINIO DE ACTIVIDADES RELACIONADAS COA SEGURIDADE VIAL
O EQUIPO DE EDUCACIÓN VIAL DE NARÓN E A EMPRESA BICIMARKET CHEGAN A UN ACORDO PARA O PATROCINIO DE ACTIVIDADES RELACIONADAS COA SEGURIDADE VIAL
Narón, 18 de Novembro de 2013.- O equipo de Educación Vial do Concello de Narón (formado polo Policía Local Pedro Caneiro, e o técnico de INEF Simón Cabarcos) veñen de anunciar a colaboración coa empresa Bicimarket (ubicada en A Gándara) durante a temporada escolar 2013/2014. Na presentación deste acordo tamén participaron a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, e responsables da empresa colaboradora.

En concreto, esta colaboración consistirá no patrocinio, por parte desta empresa, de actividades relacionadas co Programa de Educación Vial do Concello de Narón (tales coma obradoiros nos colexios ou saídas en bicicleta) e de actividades lúdicas e de ocio (coma rutas turísticas por Narón) tanto para escolares coma para familias. Asimesmo, facilitarán apoio ás actividades deportivas organizadas dende o Concello.

A cambio, o Concello de Narón ven de adquirir a esta firma dúas bicicletas que serán empregadas polo equipo de Educación Vial, nos desprazamentos que realizan xunto cos escolares dos colexios do municipio, tales coma a Marcha Ciclista Escolar, ou as visitas culturais a lugares de interese de Narón (coma o Mosteiro do Couto).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal