Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACION DE XORDOS DE FERROL ASINAN UN CONVENIO PARA MANTER UN SERVIZO DE INTÉRPRETES DE LINGUAXE DE SIGNOS
A administración local achegará 2.000 euros para levar a cabo a prestación deste servizo ás persoas xordas.
Narón, 19 de Novembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a presidenta da Asociación de Xordos de Ferrol, Teresa Gallo, asinaron hoxe un convenio de colaboración acompañados pola Concelleira de Promoción Social de Narón, Teresa Sabio. O acordo contempla a cooperación entre o Concello de Narón e a Asociación de Xordos de Ferrol para o mantemento dun servizo de intérpretes, para cubrir as demandas de comunicación das persoas xordas e colaborar para a integración efectiva das mesmas. En concreto, a Asociación de Xordos desenvolverá os seguintes programas ó abeiro deste convenio: -Prestación do servizo de intérpretes para o acceso á educación e formación, e ó mundo laboral, e para a tramitación de prestacións e participación en actividades. -Integración das persoas xordas para o acceso a servizos públicos. Para levar a cabo estes obxectivos, o Concello de Narón fará unha achega de 2.000€ á Asociación de Xordos de Ferrol. O convenio ten unha periodicidade anual (de xaneiro a decembro de 2013).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal