Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
SÁBADO 23 DE NOVEMBRO: CELEBROUSE O DÍA DE NARÓN NA PRAZA DE GALICIA
SÁBADO 23 DE NOVEMBRO: CELEBROUSE O DÍA DE NARÓN NA PRAZA DE GALICIA
Centos de persoas disfrutaron dunha degustación gratuita de filloas, durante todo o día. Ademáis houbo unha festa infantil para nenos/as, actuacións musicais e exposicións de traballos das asociacións de veciños.
Narón, 24 de Novembro de 2013.- O Concello de Narón celebrou no día de onte, a súa festividade local: o 23 de Novembro, Día de Narón. Esta cita cumpríu no 2013 o seu 20º aniversario, xa que foi o 14 de setembro de 1993 cando se decidiu por acordo plenario establecer unha festividade propia para este municipio.

As actividades promovidas polo Concello de Narón para celebrar o 23 de Novembro desenvolvéronse baixo carpa, na Praza de Galicia, durante a mañá e a tarde, no seguinte horario:

-De 11:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas: degustación gratuita de filloas. A empresa “Tartas Lestedo” trouxo a Narón por segundo ano consecutivo unha máquina industrial, capaz de cociñar unha media de 1.300 filloas á hora. Servíronse acompañadas de chourizo.

-De 11:30 a 13:30 horas: Circuito de Karting para nenos/as.

-Ás 12:00 horas: Actuación do grupo de Gaitas do Padroado de Cultura do Concello de Narón.

-De 16:30 a 18:00 horas: Festa infantil 'Canta e Baila' a cargo da Ludoteca La Guagua.

-Ás 18:30 horas: Actuación do grupo de música folk “Vai rañala”.

Ademáis, na carpa houbo un espazo adicado ós traballos e actividades que desenvolven ó longo do ano as asociacións de veciños e ONG's de Narón.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal