Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
PRESENTACIÓN DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE NARÓN PARA O ANO 2014
PRESENTACIÓN DOS ORZAMENTOS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE NARÓN PARA O ANO 2014
Os presupostos para o vindeiro ano ascenden a 27.471.455 euros.
Narón, 22 de Novembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, presentaron hoxe en rolda de prensa os Orzamentos Municipais para o ano 2014, acompañados polos voceiros dos grupos políticos do goberno municipal (Guillermo Sánchez Fojo –TEGA-, Catalina García –PSOE- e Mª Rodríguez Porto –CG-).

O documento contable para o ano 2014 ascende a un total de 27.471.455,77€, e foi aprobado onte na Comisión de Contas cos votos a favor de tódolos grupos políticos (TEGA, PSOE, BNG e CG) agás a abstención do PP. Trátase dun orzamento conservador, no cal quedan garantidos os ingresos e os gastos e onde se prioriza a atención ás familias” tal e como indicou o Alcalde. José Manuel Blanco explicou que “as partidas de axudas sociais, dependencia e infancia están consolidadas e se van a atender sexa como sexa”.

O Orzamento Municipal do 2014, que deberá someterse á aprobación definitiva no Pleno do Concello de Narón, é un “presuposto base. Partimos só do que nos obriga a lei, e posteriormente iremos ampliándoo en función dos ingresos que nos cheguen doutras administracións, principalmente do Estado” declarou o primeiro edil, sinalando que agárdanse recibir aproximadamente 1,5 millóns de € que se unirán ó novo presuposto.

Polo tanto, haberá novas ampliacións de crédito ó mesmo que aconteceu en anos anteriores (no Orzamento Municipal do 2013 partiuse dunha cantidade de 27.243.470,39 € e actualmente estase cerca dos 30 millóns de euros).

Os obxectivos destos Orzamentos, segundo o Alcalde de Narón, son tres: garantizar as axudas sociais, prestar servizos municipais de calidade (auga, zonas verdes, limpeza viaria…) e realizar pequenas inversións. Todo iso controlando o nivel de endebedamento, que en Narón estará nun 32%, moi por debaixo do tope que marca o Estado (o máximo permitido supera o 70%) e mantendo a premura no pago a proveedores (as facturas páganse nun prazo medio de 40 días).

O Concelleiro de Xestión Orzamentaria de Narón, Pablo Villamar, detallou os diferentes capítulos nos que se divide o Orzamento Municipal de 2014. Segundo explicou o edil, este documento “é a concreción do Plan Económico Financieiro e do Orzamento Marco que no seu dia aprobamos no Concello de Narón”.

O delegado de Facenda declarou que “é un documento político, no que se prioriza a atención ás persoas frente ós recortes que están a facer outros gobernos “. Pablo Villamar detallou os diferentes capítulos de gastos recollidos no Orzamento:

*Capítulo 1- Gastos de Persoal: 27,65 % (supón aproximadamente 7,5 millóns de euros do total)

*Capítulo 2- Gastos correntes: 51,20 % (increméntase o 1,4% respecto ó ano 2013, e supón 14 millóns de euros. Aquí recóllense os gastos da prestación de servizos coma o alumeado, a recollida de lixo, os servizos xerais…)

*Capítulo 3-Gastos financieiros: 1,33% (este capítulo redúcese casi nun 50% respecto ó ano actual porque baixan case a metade os cartos que o Concello ten que pagar en concepto de xuros ás empresas. Aproximadamente 365.000 €)

*Capítulo 4- Transferencias correntes: 10,41% (baixa un 2,69%, grazas á reducción do importe que Narón ten que pagar pola prestación do Servizo Contraincendios por parte de Ferrol, que son algo máis de 400.000 €. O total deste capítulo ascende a 2.840.000 € nos que se inclúe o Orzamento do Padroado de Cultura, determinados Servizos Sociais, e actividades relacionadas co movemento asociativo e deportivo).

*Capítulo 6- Inversións: 3,61% (isto supón 978.000€, máis do doble que o investimento previsto inicialmente nos Orzamentos do 2013. Increméntase un 52% )

*Capítulo 8- Activos financieiros: 0,26%

*Capítulo 9- Pasivos financieiros: 5,54% (amortizaranse 1.516.000€ en concepto de débeda bancaria).

No que respecta a ingresos, a distribución porcentual é a seguinte:

*Capítulo 1- Impostos indirectos: 43%
*Capítulo 2- Impostos indirectos: 1%
*Capítulo 3- Taxas, prezos públicos e outros ingresos: 19%
*Capítulo 4- Transferencias correntes: 36%
*Capítulo 5- Ingresos patrimoniais: 0%
*Capítulo 7- Transferencias de capital: 1%
*Capítulo 8- Activos financieros: 0%

En termos xerais, o Orzamento do ano 2014 “medra con respecto ó ano anterior, en consonancia cunha situación económica saneada o que nos permite non ter que solicitar ningún tipo de crédito bancario no vindeiro ano” indicou Pablo Villamar. Ademáis, a débeda pública baixará xa que se vai a abonar en próximas datas un crédito pendente que ascende a 875.000€ o que supón unha importante redución da porcentaxe de endebedamento.

Tanto o Concelleiro de Xestión Orzamentaria coma o Alcalde de Narón quixeron agradecer ós funcionarios do Concello o “enorme esforzo que están a facer para atender coa maior premura posible a tódolos veciños e veciñas deste municipio” sinalou Villamar, indicando que este funcionamento da administración local fai posible aforrar moitos custos.

O Alcalde de Narón aclarou que no Orzamento Municipal de 2014 non aparece reflexada unha partida específica para o novo Centro de Saúde do Alto posto que a Xunta de Galicia segue sen determinar nin os prazos nin a inversión que se realizará neste novo consultorio médico. “ Levamos todo este ano insistindo na necesidade de asinar un convenio entre o Concello e a Xunta no que se detallen os prazos para a construcción do Centro de Saúde, así coma a inversión prevista en cada unha desas anualidades” indicou o rexedor.

Non obstante, José Manuel Blanco declarou que “en canto a Xunta de Galicia redacte e firme ese convenio, o Concello de Narón estará en disposición de aportar os cartos que lle correspondan”.

Finalmente, o Alcalde quixo felicitar ós concelleiros que forman o Goberno Municipal de Narón “polo bo entendemento que reina entre todos. Somos un goberno conformado por catro sensibilidades políticas e todos souberon ceder e entender as prioridades para consolidar un orzamento onde o primeiro son as familias. E ademáis, o fixeron nun tempo record” concluíu.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2020 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
21
22
23
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal