Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONMEMORACIÓN DO 25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL PARA A ERRADICACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO
O Monumento á Muller da Praza da Gándara acolleu unha ofrenda floral en lembranza das vítimas da violencia de xénero. Previamente celebrouse unha mesa redonda sobre este tema no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros.
Narón, martes 26 de novembro de 2013.- O Concello de Narón desenvolveu onte un programa de actos para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o dia 25 de Novembro. Estas actividades consistiron nunha mesa redonda sobre esta temática, e unha ofrenda floral no Monumento á Muller. A mesa redonda tivo lugar no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, actuando como moderadora Mª del Carmen Espada, Concelleira de Educación e Coordinadora do Servizo Sociocomunitario Municipal. As participantes foron Judith Martínez (Educadora Social do Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón), Mª del Carmen López (psicóloga experta en violencia de xénero), Margarida Sánchez (secretaria confederal de muller e mocidade na CIG) e Cristina Fernández (experta en Violencia de Xénero). Unha vez finalizada a mesa redonda, os actos trasladáronse ó Monumento á Muller (situado na Praza de A Gándara) onde tivo lugar unha ofrenda floral e a lectura dun manifesto sobre os dereitos da muller. Participaron o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, concelleiros da Corporación Municipal e veciñ@s do municipio. Esta accións enmárcanse dentro do II Plan de Igualdade de Narón, que ten como obxectivo estratéxico promover actuacións de sensibilización en materia de violencia de xénero, que contribúan á súa erradicación e á implicación de toda a cidadanía na loita contra este fenómeno nas súas distintas manifestacións.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal