Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A COMISIÓN DE DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE DO EIXO ATLÁNTICO DO NOROESTE PENINSULAR REÚNESE EN NARÓN
Os municipios adheridos recibiron o Plano de Mobilidade Alternativa e informóuselles sobre a posta en marcha do Xeoportal.
Narón, 27 de Novembro de 2013.- O Café Teatro do Pazo da Cultura acolleu esta mañá a reunión da Comisión de Desenvolvemento Sostible do Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (entidade á que pertence Narón dende xaneiro deste ano). A xuntanza foi inaugurada polo Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e coordinada polo secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao. Asistiron representantes dos seguintes concellos: A Coruña, Carballo, Ferrol, Lalín, Lugo, Monforte de Lemos, Narón, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Ourense, Pontevedra, Riveira, Santiago de Compostela, Sarria, Verín, Vigo, e Vilagarcía de Arousa. Entre os asuntos debatidos nesta reunión, informouse sobre os proxectos presentados polas cidades que serán desenvolvidos pola Axencia de Ecoloxía Urbana en 2014 e financiados polo Eixo Atlántico. Tamén se presentou e se entregou ós municipios o Plano de Mobilidade Alternativa e o documento sobre Desenvolvemento de Actividades Innovadoras para a Xestión do Territorio. Asimesmo, informouse sobre a posta en marcha do Xeoportal e o acceso gratuíto para as cidades do Eixo Atlántico.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal