Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CORPORACIÓN MUNICIPAL DE NARÓN APROBA UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL ESIXINDO A DESTITUCIÓN DA DIRECCIÓN DE NAVANTIA POR NON TER CONQUERIDO CARGA DE TRABALLO PARA FERROLTERRA NOS ÚLTIMOS ANOS
A CORPORACIÓN MUNICIPAL DE NARÓN APROBA UNHA DECLARACIÓN INSTITUCIONAL ESIXINDO A DESTITUCIÓN DA DIRECCIÓN DE NAVANTIA POR NON TER CONQUERIDO CARGA DE TRABALLO PARA FERROLTERRA NOS ÚLTIMOS ANOS
No Pleno Ordinario de novembro tamén se aprobaron os Orzamentos Municipais do 2014, e se acordou solicitar a declaración de Interese Turístico para o Oenach Atlántico de Sedes.
Narón, 28 de Novembro de 2013.- A Corporación Municipal de Narón acaba de aprobar en sesión plenaria ordinaria unha Declaración Institucional pola que se esixe a destitución da dirección de Navantia S.A. Tódolos partidos políticos do Concello de Narón (TEGA, PP, PSOE, BNG e Converxencia Galega) reclaman ao Ministro de Facenda e Administracións Públicas a destitución inmediata do presidente da SEPI e da dirección da empresa Navantia S.A. por non lograr ningún novo encargo de construción para os estaleiros da ría e porque xa se levan destruídos orredor de 3.000 postos de traballo na construción naval de Ferrolterra, como consecuencia desta situación.

Noutro orde de asuntos, o Concello Pleno aprobou hoxe (con tódolos votos a favor agás o voto en contra do PP) os Orzamentos do Concello de Narón para o ano 2014, que ascenden á cantidade de 27.471.455,77€. Tamén foi aprobado o Orzamento do Padroado de Cultura para o ano 2014, pola cantidade de 1.617.700€.

O Concello Pleno tamén acordou hoxe por unanimidade solicitar a Declaración de Interese Turístico no ámbito autonómico galego, para o Oenach Atlántico de Sedes, que este ano celebrou a súa 15ª edición. Este evento integra diferentes facianas artísticas, económicas, patrimoniais, etnográficas, antropolóxicas, históricas, festivo-comunitarias e de lecer educativo, polas que pode obter esta declaración. O Oenach Atlántico de Sedes celébrase dende o ano 1999, no derradeiro fin de semana de xullo, na parcela municipal da Feira do Trece.

Outro asunto aprobado foi o Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) 2014, que conta cun orzamento total de 601.953,04€ e se destinará á realización das seguintes obras:

-Pavimentación dos camiños de Vidueiros, Congostras e Ansede
-Pavimentación dos camiños de Pradedo, Colmeote e Bergantiños
-Pavimentación dos camiños de Placente, Forxas e Vidueiro
-Conexión de abastecemento e saneamento en Fernande-Castro

Tamén aprobouse a revisión do canon do contrato de concesión do servizo de recollida de RSU e limpeza viaria –correspondente ó ano 2012-, pola cantidade de 2.539.517,61€ (dos que o 54,50% corresponden á recollida de lixo, e a cantidade restante a limpeza viaria).

Hoxe tamén se refrendou o convenio de colaboración coa Asociación de Empresarias de Ferrol e Comarca (AECOFE), para a realización de actividades durante este ano 2013. O Concello realizará unha aportación económica de 3.000€ para financiar as actividades que contribúan á dinamización da economía local, a través de fórmulas imaxinativas promovidas por AECOFE que conleven a participación cidadá.

Por outra banda, aprobouse un incremento de 10.000€ na achega do Concello ó convenio coa Fundación Secretariado Xitano, ascendendo así a cantidade total a 30.000€. Esta axuda faise necesaria, tendo en conta as necesidades de intervención social sobre a comunidade de etnia xitana en materia de realoxo e mellora da vivenda, formación e asistencia e intervención sociofamiliar.

Hoxe tamén foi aprobado o expediente de modificación de créditos número 15/2013, por importe de 831.250 euros, que se empregarán na amortización de débeda pública.

No apartado de mocións, foron debatidos os seguintes textos:

-Moción do grupo municipal do PSdeG-PSOE relativa á reforma da Lei de Demarcación e Planta Xudicial e a Lei Orgánica do Poder Xudicial. Solicita a anulación desta lei, e presentar unha nova proposta de reforma tendo en conta a opinión das Comunidades Autónomas. Tamén se reclama o mantemento dos Partidos Xudiciais, das Audiencias Provinciais e dos Xulgados de Paz, e a implantación dos Tribunais de Instancia. Aprobada por tódolos grupos políticos (TEGA, PSOE, BNG e Grupo Mixto) agás o voto en contra do PP.

-Moción do grupo de goberno sobre a discapacidade. Trátase dun manifesto promovido por entidades sociais (Afaes, Chamorro, Aspanaes, Aspanemi, Cogami, ASCM de Narón, Teima e Vida Activa) no que os seus usuarios reclaman o seu dereito a estar incluídos no contexto no que viven e a ter unha boa calidade de vida. A pesar de ser persoas con diversidade funcional, saben que: son cidadáns de pleno dereito, queren participar da sociedade e da comunidade, teñen dereitos e obrigas, os seus dereitos están recoñecidos na Constitución Española de 1978 e no Estatuto de Autonomía de Galicia, a Constitución rexe para toda a cidadanía española calquera que sexa a súa condición, e os seus dereitos tamén están recollidos na Convención Internacional de Nacións Unidas sobre as persoas con discapacidade. Aprobada por unanimidade.

-Moción do grupo de goberno en contra da violencia de xénero. Reclama ó Goberno Galego que faga efectiva a Lei Galega para a prevención e o tratamento da violencia de xénero, e que destine recursos para a formación na igualdade dende a infancia, con actividades específicas nos centros de ensino. Aprobada por tódolos grupos políticos salvo a abstención do PP, quen presentou outra moción sobre o 25 de Novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, que foi rexeitada.

-Moción do grupo de goberno para instar á Xunta a desistir da pretensión da suba do canon polo tratamento do lixo de Sogama. Demanda a retirada da proposta de incremento do canon por tratamento de residuos, a creación dunha mesa de negociación para estudar os custos reais deste servizo, a realización dunha auditoría en Sogama, a revisión do Plan de Xestión de Residuos Urbanos de Galiza 2010-2020 de cara a mellorar a recollida selectiva e a reciclaxe, e finalmente se non é posible a retirada da nova tarifa de canon de Sogama, que sexa a Xunta de Galiza quen asuma esta suba, e non os concellos. Aprobada por tódolos grupos agás a abstención do PP.

-Moción do grupo de goberno relativa aos Orzamentos da Xunta de Galicia para o exercicio de 2014. O Pleno do Concello de Narón insta ó goberno galego a dispor de recursos económicos dentro do orzamento de 2014 para a realización das seguintes actuacións no Concello de Narón:

-Construción dun Centro de Saúde.
-Inclusión da Escola Infantil de Xuvia na Rede Pública Galega de Escolas Infantís.
-Construción do colector xeral da rede de saneamento na parroquia de Sedes.
-Instalación da cuncha acústica no Pazo da Cultura.
-Melloras nos centros de ensino.

No caso de ser necesario, o Concello habilitará o financiamento para a realización das obras que se estimen de execución conxunta.

Esta moción xa se presentou noutros Plenos, en anos pasados, sen obter aínda ningunha resposta positiva por parte da Xunta de Galicia en relación a estos asuntos. Foi aprobada por tódolos grupos, salvo o voto en contra do PP.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal