Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE O CONCELLO DE NARÓN E A ASOCIACIÓN DA TERCEIRA IDADE DE PEDROSO
A entidade recibirá unha achega de 2.500€ para realizar actividades culturais e deportivas dirixidas ó colectivo de persoas maiores.
Narón, 29 de Novembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o presidente da Asociación da Terceira Idade de Pedroso, Rodrigo López Calvo, veñen de asinar un convenio de colaboración para o desenvolvemento de accións sociocomunitarias en materia de persoas maiores (principalmente actividades culturais e deportivas). Este acordo ten unha vixencia anual (de xaneiro a decembro de 2013) e suporá unha achega económica de 2.500€ por parte do Concello. A Asociación da Terceira Idade de Pedroso comprométese, pola súa parte, a desenvolver o programa anual aprobado pola asamblea ou a xunta directiva (no que poden participar tódalas persoas interesadas) e á apertura e peche das instalacións do centro de maiores de Pedroso.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal