Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE BICICLETAS USADAS PARA RECONVERTILAS EN AGASALLOS DE NADAL
Trátase dunha proposta do equipo de Educación Vial do Concello, que este ano cumpre a súa segunda edición.
Narón, 29 de Novembro de 2013.- O equipo de Educación Vial do Concello de Narón ven de poñer en marcha –por segundo ano consecutivo- a campaña “A túa vella bici vale un sorriso”. Trátase dunha iniciativa solidaria, pola cal os nenos/as poden doar a bicicleta que teñan na casa e que xa non usen (por estar vella ou ben por quedarlles pequena). A entrega das bicicletas pode facerse nos Centros Escolares de Narón en horario lectivo, ou ben no Concello en horario de mañá (de 8:30 a 13:30 horas) ata o día 28 de decembro. O equipo de Educación Vial encargarase de arranxalas e poñelas nas mellores condicións posibles, para facer que esas bicicletas que xa non se usaban, sexan o agasallo de Nadal dalgún neno ou nena de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal