Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA DE COMERCIO DE NARÓN: 'COMERCIO DE NARÓN: EN NADAL E SEMPRE'
Ínclúe o Tren Navideño, sorteos de vales de compra e cestas de Nadal, unha Festa da Neve e a visita dos paxes dos Reis Magos.
Narón, 2 de Decembro de 2013.- Os Concelleiros de Promoción Económica (Pablo Villamar) e Turismo (María Rodríguez Porto) e a representante da Asociación de Comerciantes de Narón (Eva Pena) presentaron hoxe en rolda de prensa a campaña de apoio ó comercio local para o Nadal, que leva por título “Comercio de Narón: en Nadal, e sempre”. Segundo explicou o Concelleiro de Promoción Económica, trátase dunha serie de accións deseñadas para fomentar as compras no pequeno comercio durante estas datas navideñas, posto que “creemos e reafirmamos a nosa aposta polo pequeno comercio frente ás grandes superficies. Os pequenos establecementos xeneran traballo e riqueza, cohexionan socialmente ós clientes e incluso fan cidade” comentou Pablo Villamar. Na mesma liña expresouse a Concelleira de Turismo de Narón, María Rodríguez Porto, quen sinalou que “o turismo non só é arquitectónico ou paisaxístico, senón que tamén ten que estar aberto a outras perspectivas coma a comercial. Ademáis, a nosa obriga é potenciar o comercio especialmente agora nesta época de crise na que vivimos” sinalou a edil. Pola súa banda, a representante da Asociación de Comerciantes de Narón agradeceu ó Concello “o seu constante apoio” e lembrou que neste municipio existe “moito comercio, de boa calidade e variado”, sinalou Eva Pena. O programa de actividades patrocinado polo Concello para os comercios de Narón durante o Nadal é o seguinte: Do 1 ó 30 de decembro: -Reparto de papeletas (nos comercios asociados) para participar nos sorteos de 2 vales de compra de 500€ cada un, e 2 vales de compra de 300€ cada un. -Sorteo de 1 cesta de Nadal cada semana. Do 26 ó 29 de decembro: -Tren navideño da Asociación de Comerciantes de Narón. Gratuíto para os nenos e 1€ para os adultos (salvo invitación por compras). O horario e o recorrido pode consultarse en: www.comerciodenaron.es O 28 de decembro: -De 17:00 a 20:30 horas na Praza da Gándara: Festa da Neve, organizada pola Concellería de Turismo. O 29 de decembro: -A partir das 17:00 horas, na praza da Gándara, visita dos Paxes Reais organizada pola Concellería de Turismo. Do 2 ó 4 de xaneiro: -Tren Navideño da Asociación de Comerciantes de Narón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal