Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A CONCELLERÍA DE SERVIZOS INSTALARÁ ALUMEADO LED NA ZONA DA FINCA DOPICO, EN A GÁNDARA
A CONCELLERÍA DE SERVIZOS  INSTALARÁ ALUMEADO LED NA ZONA DA FINCA DOPICO, EN A GÁNDARA
As novas lámpadas ofrecen máis luminosidade e menor consumo de enerxía eléctrica en comparación coas actuais luces de sodio.
Narón, 7 de Decembro de 2013.- A Concellería de Servizos de Narón, dirixida polo edil Pablo Mauriz, iniciará nos vindeiros días a substitución do alumeado de lámpadas de socio por luces LED en rúas públicas de Narón.

O primeiro espazo onde se actuará será a zona da Finca Dopico (A Gándara), que comprende as seguintes rúas: Finca Dopico, Losada Diéguez, Armando Cotarelo, Luis Pimentel, e Alfonso X O Sabio.

Nestas cinco rúas se substituirán os 23 puntos de luz de sodio por lámpadas LED, para o cal se invertirán 17.500 €. As luces LED supoñen un aforro enerxético do 40% anual do custo eléctrico, ademáis de ter unha durabilidade maior que as tradicionais luces de sodio e proporcionar unha luz máis intensa. As lámpadas de sodio de alta presión teñen unha duración aproximada de 12.000 horas, frente ás 50.000 horas das luces LED. Con isto evítanse 4 reposicións de lámpadas, o que conleva un aforro de 2.500€ anuais en luces.

A instalación destas lámpadas se realizará nas vindeiras semanas. Sucesivamente, o Concello estudiará a implantación de luces LED noutros puntos do municipio “xa que queremos ampliar este tipo de alumeado polo aforro enerxético e medioambiental que supón” declarou o edil Pablo Mauriz.

Características das novas luminarias:

-Son estancas á suciedade e están protexidas contra chorros de auga potentes.
-Son antivandálicas (teñen protección contra impactos).
-Posúen dobre aislamento, polo que non existe risco de electrocución.
-Teñen garantía de 10 anos.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal