Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ABERTAS AS PLICAS PARA A XESTIÓN DA NOVA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
ABERTAS AS PLICAS PARA A XESTIÓN DA NOVA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
Na mañá de hoxe, dez de agosto de 2007, procedeuse pola mesa de contratación, á apertura das plicas presentadas polos licitadores participantes no concurso convocado para a xestión da nova escola infantil municipal de A Gándara.
Dúas foron finalmente as ofertas admitidas, posto que a presentada por FESAN resultou rexeitada por non facer constar certos criterios de solvencia esixidos no prego de cláusulas administrativas que rixen este proceso concursal.

CLECE S.A. e EUXA S.L. son pois as posibles adxudicatarias desta xestión.

Resta agora a emisión polos servizos sociocomunitarios municipais, dun informe que valore a totalidade dos aspectos contemplados no prego aprobado neste expediente e que son os seguintes:

1.- Canon demanial a abonar ó Concello: 20 Puntos

2.- Calidade do proxecto, presentado pola empresa de xestión, organización e funcionamento do servizo: 60 puntos

 Organización e dotación de recursos humanos e cualificación, idóneas características da formación ou experiencia acreditada en dispositivos similares, e categorías de contratación dos profesionais. Ata 15 puntos
 Prestación de servizos extraescolares e servizos complementarios, no seu caso, con distribución de xornadas laborais optimizadas sen poñer en perigo a concesión, e cós máximos niveis de contratación. Ata 10 puntos
 Secuencia planificada de mantemento, limpeza e conservación de instalacións, edificacións de equipamentos e mobiliario Ata 10 puntos
 Organización e estrutura interna de prevención e saúde laboral, procedementos de excelencia e plans de emerxencia, evacuación, e autoprotección Ata 5 puntos
 Programa de difusión, divulgación e imaxe corporativa de Narón e da “Escola Infantil Municipal de A Gándara,” Ata 5 puntos
 Proxecto educativo e curricular que configura o Plan de centro contendo ós mínimos esixidos e identificando as melloras. Ata 15 puntos

3.- Melloras presentadas ó abeiro do establecido no artigo 20.2 deste prego 20 ...... Puntos




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal