Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ASINA COA EMPRESA EULEN O CONTRATO PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
O CONCELLO ASINA COA EMPRESA EULEN O CONTRATO PARA A PRESTACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR
Actualmente, 147 persoas de Narón reciben esta atención domiciliaria.
Narón, 5 de Decembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a representante da empresa Eulen Servicios Sociosanitarios, Sofía Currás, veñen de asinar o contrato para a prestación do servizo de Axuda no Fogar. Na sinatura do contrato tamén estivo presente o secretario xeral do Concello de Narón, Alfonso de Prado Fernández-Canteli, quen deu fe do acto.

Este contrato foi concedido mediante concurso público a esta empresa por un prazo de 2 anos (a contar dende o 12 de decembro de 2013) prorrogable ano a ano ata un máximo de catro. O prezo do mesmo é de 13,38 euros/hora máis IVE, ata un importe máximo de 975.000 euros/anuais (IVE incluído).

O Servizo de Axuda no Fogar préstase actualmente a un total de 147 veciños/as de Narón, en dúas modalidades: axuda á dependencia (111 usuarios) e libre concorrencia (36 persoas).

O coste deste servizo finánciase a tres bandas, con aportacións da Xunta de Galicia, do Concello de Narón e dos usuarios a través do copago. No ano 2012, o importe total destinado ó programa de Axuda no Fogar ascendeu a 1.027.000€ que foron financiados da seguinte maneira:

-Xunta de Galicia: 625.000 euros
-Concello de Narón: 332.000 euros
-Usuarios: 70.000 euros



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal