Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE EMPREGO OFERTA UN PROGRAMA DE FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS
Trátase de 22 cursos, que atenderán as necesidades formativas de 470 persoas en situación de desemprego.
Narón, 6 de Decembro de 2013.- A Concellería de Formación Laboral e Emprego de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, ven de abrir o prazo de inscrición para o programa de formación Habilita 2013, dirixido a persoas desempregadas que estean empadroadas en Narón. Este programa permitirá atender a 470 persoas, que poderán realizar varios cursos do total da oferta, sempre que teñan relación entre eles. En conxunto, o Concello ofrecerá un total de 22 accións formativas, divididas en seis ámbitos: Ámbito das novas tecnoloxías: -Iniciación á búsqueda de emprego en Internet -Iniciación ó uso de navegadores, correo electrónico e perfís de redes sociais para o emprego -Iniciación á procesador de textos Word -Iniciación á folla de cálculo Excel -Iniciación á base de datos Access -Aplicativos libres Ámbito interprofesional: -Prevención de riscos e saúde laboral -Atención interprofesional ó público -Manipulación de alimentos -Destrezas básicas de camareiro/a. Cafetería, bar e restaurante -Iniciación a teleoperador de ventas Ámbito de mellora da empregabilidade: -Destreza de mellora de capacidades persoais e profesionais -Obradoiro de adestramento de entrevistas profesionais -Sesións de elaboración de cartas de presentación profesionais e currículums Ámbito de iniciación para o emprendemento: diversas ocupacións -Ocupación agropecuaria e forestal: Iniciación ó manexo de invernadoiros -Ocupación agropecuaria e forestal: Iniciación á maquinaria agroforestal manual lixeira -Ocupación agropecuaria e forestal: Iniciación á cría de galiñas poñedoras e aves de engorde -Ocupación de comercio electrónico: Iniciación ás plataformas e técnicas de comercio electrónico Ámbito profesional ou ocupación de limpeza industrial: -Técnicas, produtos e útiles de limpeza industrial aplicada Ámbito interprofesional de innovación e transferencia de coñecemento: -Obradoiro de transferencia de coñecementos para universitarios I - Obradoiro de transferencia de coñecementos para universitarios II -Obradoiro de destrezas de autonomía na utilización e funcionamento con equipos informáticos domésticos Os cursos son de corta duración (dende as 10 horas dos máis breves ata as 60 horas dos máis longos) o que permite ós beneficiarios asistir a varios en poucos días. Ademáis, a formación que se lles proporciona consiste en destrezas concretas sen abordar competencias profesionais propias de certificados de profesionalidade ou cualificacións máis elevadas ou longas. O programa Habilita 2013 tamén ten un carácter polivalente, o que faculta ós asistentes a aplicar as distintas técnicas aprendidas a diferentes ocupacións ou profesións. Calquera veciño/a de Narón que sexa demandante de emprego, pode presentar a solicitude para unha ou varias accións formativas. A admisión nos cursos será por riguroso orde de inscrición, tendo preferencia os que estean inscritos nas primeiras opcións do programa. Os formularios poden descargarse no banner ‘Programa municipal de formación’ da web do Concello (www.naron.es) ou ben solicitalos no Rexistro Xeral do Concello (horario: de 8:30 a 13:30 horas) onde deberán presentalo cuberto. Os cursos se celebrarán neste mes de decembro, con distintos días e horas, consonte ás accións formativas. As persoas inscritas serán avisadas telefónicamente ou por correo electrónico.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal