 Tivo lugar no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, coa participación de máis de 100 persoas.Narón, 11 de Decembro de 2013.- O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros (A Gándara) acolleu na tarde de onte unha festa organizada por oito asociacións (Vida Activa, Teima, Cogami, Aspanemi, Chamorro, Aspanaes, Afaes e ASCM) con motivo da celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade –3 de decembro-. Esta actividade contou coa colaboración da Concellería de Igualdade e Promoción Social do Concello de Narón.
O programa de actos foi o seguinte:
17:00 horas: Lectura dos Dereitos Humáns e do Manifesto sobre a Discapacidade (aprobado por unanimidade no derradeiro Pleno Ordinario do Concello de Narón, celebrado o pasado 28 de novembro).
17:30 horas: Obradoiro de musicoterapia e baile.
18:00 horas: Espectáculo de Maxia.
18:30 horas: Merenda.
O Manifesto sobre a Discapacidade está promovido por estas oito entidades sociais (Afaes, Chamorro, Aspanaes, Aspanemi, Cogami, ASCM de Narón, Teima e Vida Activa) e a través do mesmo os seus usuarios reclaman o seu dereito a estar incluídos no contexto no que viven e a ter unha boa calidade de vida.
A pesar de ser persoas con diversidade funcional, saben que: son cidadáns de pleno dereito, queren participar da sociedade e da comunidade, teñen dereitos e obrigas, os seus dereitos están recoñecidos na Constitución Española de 1978 e no Estatuto de Autonomía de Galicia, a Constitución rexe para toda a cidadanía española calquera que sexa a súa condición, e os seus dereitos tamén están recollidos na Convención Internacional de Nacións Unidas sobre as persoas con discapacidade.
|