Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ALTO ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN BIBLIOGRÁFICA SOBRE O NADAL
Formada por libros, películas e música de temática navideña, tanto para nenos/as coma para adultos.
Narón, 9 de Decembro de 2013.- A Concellería de Ensino e Bibliotecas de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de presentar o programa de actividades que se desenvolverán en decembro na Biblioteca Municipal do Alto. Así, durante todo o mes haberá unha Exposición Bibliográfica sobre o Nadal, formada por libros, películas e música de temática navideña –tanto do fondo infantil coma xuvenil e de adultos-. O venres 13 de decembro (en dous quendas: de 11 a 12 e de 19 a 20 horas) se levará a cabo a 6ª xuntanza do Servizo de Orientación de Lectura ás Familias (SOLF). Trátase dunha actividade para adultos, na que se presentarán as novidades máis destacadas do fondo infantil dende outubro ata decembro. Presentaranse tamén as actividades de animación á lectura previstas para este mes. A asistencia é libre, pero é preciso confirmar a presencia por anticipado. Tamén o venres 13 de decembro celebrarase unha xornada de Contacontos para adultos, en horario de 20 a 21 horas. Se representarán contos de medo e terror para persoas adultas. A entrada é libre e gratuita e non é preciso reservar praza, pero haberá un aforo máximo de 40 persoas. Para o máis novos da casa, haberá unha sesión de Contacontos infantil o sábado 14 de decembro, de 11 a 12 horas. Esta actividade diríxese a nenos/as a partires de 4 anos de idade, e para asistir é imprescindible reservar praza a partires de hoxe ás 16:00 horas. A reserva pode facerse de maneira presencial ou telefónica (chamando ó 981 382 173).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal