Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
EMERXENCIAS NARÓN E A UNIVERSIDADE DE A CORUÑA ORGANIZAN UN DEBATE SOBRE A NOVA LEI DE ESPECTÁCULOS E ACTIVIDADES RECREATIVAS
Narón, 13 de Decembro de 2013.- A Aula Magna da Faculdade de Ciencias do Traballo de Ferrol acolleu o xoves 12 de decembro un debate baixo o título “Os desafíos da prevención e da protección civil frente á nova lei de espectáculos e actividades recretivas”. Dirixido pola Secretaria da Faculdade e responsable da súa área de Calidade Asunción López Arranz, no debate participaron Rafael Pazos Louro (Coordinador de Protección Civil do Concello de Narón), Víctor Vázquez Pérez (Xefe do Servizo provincial de Emerxencias), Carlos García Touriñán (Director de Seguridade e Mobilidade do Concello da Coruña), José Antonio Grandas Arias (responsable de formación de emerxencias da AGASP) e José Palacios Aguilar (profesor do módulo de Protección Civil e Xestión de Emerxencias da UDC). Ainda que entre os participantes no debate existían certas reservas á hora de facer unha análise en profundidade do borrador -conscientes de que aínda pode ser modificada en trámite parlamentario-, existía unha coincidencia practicamente unánime sobre o avance da recente presentación para a súa exposición pública da tantas veces anunciada Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia. Por fin, despois de anos de demandas, Galicia se dotará de un marco xurídico para a regulación deste tipo de actividades e para que os eventos de pública concurrencia conten con medidas de seguridade comúns e estandarizadas. En parte das intervencións e do debate que se entablou co público, xurdiron dúbidas sobre a existencia de medios para o cumplimento dunha norma que, aínda que apenas engade obrigas novas, vai ordenar e simplificar as xa existentes, dinamizando ademais o papel inspector das administracións locais e autonómica. Outro dos elementos introducidos no debate foi o referido á demanda de técnicos formados e das enormes esixencias que demandará de un sistema público de protección civil fortemente implantado pero con escasa experiencia na planificación e prevención. O servizo de Emerxencias do Concello de Narón e a Facultade de Ciencias do Traballo da Universidade da Coruña, organizadores do debate, valoraron positivamente o evento e mostraron publicamente o seu compromiso por intensificar a colaboración para a organización de espazos de formación e intercambio de coñecementos de experiencias arredor da xestión das emerxencias.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal