Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CATORCE PERSOAS FINALIZARON CON ÉXITO O CURSO DE LINGUA GALEGA DE CALIDADE, ORGANIZADO POLO CONCELLO
Tivo unha duración de 30 horas e desenvolveuse no Local Social Municipal de A Gándara.
Narón, 16 de Decembro de 2013.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, entregaron hoxe os diplomas correspondentes ó curso Lingua Galega de Calidade, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón. A finalidade deste curso foi mellorar a competencia lingüística e comunicativa da cidadanía, ensinando contidos como o cambio na normativa realizado en 2003. En total participaron 14 persoas neste curso, que se desenvolveu no local social municipal de A Gándara, do 4 de novembro ó 5 de decembro, cunha duración de 30 horas. Neste curso tamén se abordaron os aspectos máis problemáticos á hora de empregar con corrección a lingua galega, como é a interferencia lingüística do castelán na fonética, a morfosintaxe e o léxico da lingua galega. Ademáis, incidíuse na importancia do emprego de formas xenuinamente galegas como o infinitivo conxugado, e de non utilizar unha linguaxe sexista. Os participantes tamén coñeceron recursos en rede sobre a lingua galega. O Servizo de Normalización Lingüística, dependente da Concellería de Ensino, está sostido con fondos do Concello de Narón e subvencionado pola Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. A parte do seu labor interno, tamén lle presta o seu servizo a calquera persoa particular, empresa, asociación ou entidade que o demande, tanto de asesoramento lingüístico coma de tradución e corrección de textos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal