Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ENTREGA OS PREMIOS CORRESPONDENTES Ó IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA TURÍSTICA 'CIDADE DE NARÓN'
O CONCELLO ENTREGA OS PREMIOS CORRESPONDENTES Ó IV CONCURSO DE FOTOGRAFÍA TURÍSTICA 'CIDADE DE NARÓN'
Premiáronse imaxes do Pazo da Cultura, o Muiño das Aceñas e a Praia de O Casal.
Narón, 30 de Decembro de 2013.- O Alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, e a Concelleira de Turismo, María Rodríguez Porto, entregaron hoxe os tres premios correspondentes ó IV Concurso de Fotografía Turística ‘Cidade de Narón’. Trátase de galardóns en metálico, que xuntos suman a cantidade de 1.200 euros.

A relación de premiados é a seguinte:

1º premio (750€): Jose Luis Botana Pérez (Ferrol) cunha imaxe do Vestíbulo do Pazo da Cultura de Narón.

2º premio (300€): José Manuel Ferreiro Otero (Narón) cunha imaxe do Muiño das Aceñas.

3º premio (150€): Juan Luis Rúa Prieto (A Coruña) cunha imaxe da Praia de O Casal.

O xurado tivo que elexir entre máis de 150 fotografías presentadas ó concurso, que tiña como obxectivo plasmar o patrimonio monumental e arqueolóxico, e os espazos naturais de interese, de lecer, culturais, tecnolóxicos ou festas populares. As imaxes presentadas ó certame respetaron estas temáticas na súa maioría, recollendo lugares de interese coma a Ponte de Xuvia, os muiños, o Río Xuvia, e celebracións tradicionais coma a recreación das Lendas da Pena Molexa ou o Oenach Atlántico.

Tamén foron seleccionadas outras 10 fotografías que compondrán (xunto coas tres premiadas) o calendario do ano 2014, que editará a Concellería de Turismo e que estará a disposición dos vecinos de Narón a partires de xaneiro, de xeito gratuito.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal