Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
NARÓN TEN UNHA DAS TAXAS DE DELINCUENCIA MÁIS BAIXAS DE GALICIA
NARÓN TEN UNHA DAS TAXAS DE DELINCUENCIA MÁIS BAIXAS DE GALICIA
A Xunta Local de Seguridade de Narón informa da reducción do índice de delitos no 2013 con respecto ó ano anterior.
Narón, 24 de Xaneiro de 2014.- O Concello de Narón acolleu hoxe unha nova convocatoria da Xunta Local de Seguridade, presidida polo Subdelegado do Goberno en A Coruña, Jorge Atán, e o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco.

Na reunión participaron tamén a Vicesecretaria da Delegación do Goberno (Eva Vázquez), o Comisario Provincial da Policía Nacional (José Luis Balseiro), o Comisario da Policía Nacional de Ferrol-Narón (Angel Casanova), o Xefe da Policía Local de Narón (Eduardo Pita), o comisario da Policía Autonómica (Antonio Nieto), o Sarxento de Tráfico da Guardia Civil de Ferrol (Cesar Manuel Vázquez) e concelleiros da Corporación Municipal de Narón (Guillermo Sánchez Fojo, Miguel de Santiago, Pablo Villamar, Catalina García, e María Rodríguez Porto). Actuou como secretario Alfonso de Prado, Secretario Xeral do Concello de Narón.

Entre os puntos tratados na Xunta Local de Seguridade, destaca o acordo previo entre a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local de Narón, polo cal se delimitan as zonas e áreas de actuación de ambos corpos en materia de tráfico. A Xunta acordou elevar este acordo á Comisión Autonómica de Seguridade Vial para a súa aprobación definitiva.

Nesta Xunta Local de Seguridade tamén deuse conta da redución dos feitos delictivos (entendendo como tales os delictos e as faltas) no ano 2013 con respecto á anualidade anterior. Asimesmo, constatouse que Narón mantén unha das taxas de delincuencia máis baixas de toda a comunidade galega. Tamén se constatou unha mellora na coordinación entre a Policía Nacional e a Policía Local no 2013, algo que influíu na redución dos delictos no pasado ano.

Outro tema abordado hoxe foi a importancia da colaboración cidadá para evitar delitos. As forzas e corpos de seguridade presentes nesta reunión valoraron positivamente esta cooperación, a través dos cauces establecidos (contactando coas forzas de seguridade para facilitar información, dúbidas ou sospeitas). Neste senso expresouse o interese dos integrantes dos corpos e forzas de seguridade por seguir ampliando ese contacto directo coa ciudadanía.

Por outra banda, informouse sobre a nova normativa de Espectáculos pirotécnicos, que incorpora novos requisitos de seguridade e comunicación previa para este tipo de eventos, e que Narón xa está a aplicar actualmente.

Finalmente, con respecto á seguridade cidadá, o representante da Policía Autonómica explicou que este corpo de seguridade está a realizar unha campaña de control do xogo en locais de hostelería, centrada nas máquinas de apostas, para evitar o seu uso por parte de menores de idade. Compleméntase con outra preventiva sobre o consumo de bebidas alcohólicas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal