Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
SUBVENCIÓN PROGRAMAS PROCESOS DE ACOLLIDA A INMIGRANTES RETORNADOS
O DOGA nº 159 do 17 de agosto recolle a Resolución do 30 de xullo de 2007 pola que se procede á publicación das subvencións concedidas en virtude da Resolución do 27 de febreiro de 2007, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se regula a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais, para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante na Comunidade Autónoma galega durante o ano 2007.
De acordo coa liña destas axudas, o Concello de Narón recibirá unha cuantía de 4.000 euros para a realización de programas destinados a favorecer os procesos de acollida da poboación retornada e inmigrante durante o ano 2007. Estas axudas teñen como finalidade a subvención dos gastos correntes que se lles orixinen aos concellos, mancomunidades de concellos e consorcios locais aos que se lles concede a subvención pola realización destes programas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal