Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PLENO DO CONCELLO APROBA UN PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE E NUTRICIÓN
Se desenvolverá nos catro colexios públicos que dispoñen de servizo de comedor escolar: Virxe do Mar, O Feal, A Gándara e A Solaina.
Narón, 30 de Xaneiro de 2014.-A Corporación Municipal de Narón celebrou hoxe o Pleno Ordinario do mes de xaneiro, no que aprobou un convenio de colaboración entre o Concello de Narón e os catro centros escolares públicos que dispoñen de servizo de comedor: o CEIP Virxe do Mar, o CPI O Feal, a AMPA “A Buxaina” (do CEIP de A Gándara) e a AMPA do CEIP de A Solaina. Este acordo permitirá desenvolver as actividades do Programa Municipal en materia de “Educación para a Saúde-Nutrición Escolar”. Os catro convenios terán unha vixencia anual (do 01-01-2014 ó 31-12-2014) e o seu obxectivo é facilitar unha nutrición en idade escolar san, xerando hábitos de hixiene alimentaria e unha dieta equilibrada ás nenas e nenos participantes. Levarase a cabo en días lectivos, e o Concello destinará un total de 27.365,30€ a este programa. Outro tema que recibíu luz verde é a modificación da Ordenanza fiscal nº37, reguladora do Sistema Municipal de préstamo de bicicletas. As novas tarifas deste servizo serán as seguintes: -Alta no servizo: 3€ (inclúe a entrega da tarxeta do usuario) -Cota por día: 1€ -Cota por semana: 3€ -Cota por mes: 5€ -Cota por ano (adultos): 15€ -Cota por ano (menores de idade): 10€ -Perda da tarxeta, roubo ou deterioro: 4€ Polo momento, as solicitudes de alta poden realizarse na oficina de Educación Vial do Concello de Narón. Proximamente o servizo de aluguer de bicicletas poderá compartirse entre os municipios de Ferrol e Narón, froito dun convenio interadministrativo subscrito por ambas entidades en xullo de 2013. Hoxe tamén foi aprobada a modificación da Ordenanza fiscal nº14 reguladora da taxa dos servizos prestados polo Padroado da Cultura, establecéndose as seguintes tarifas: -Entradas ás representacións organizadas no Pazo da Cultura: 9,50€ (adultos). -Entradas ás representacións organizadas no Auditorio: 7,50€ (adultos). (En ambos casos, haberá unha bonificación do 30% para parados, menores de 14 anos, posuidores do carné xove e estudiantes ata 25 anos). -Entradas para campañas escolares: 2€. -Entradas para representacións ou concertos segundo caché: de 12€ a 35€. -Bono para as diferentes representacións: 30€ iniciais (os posuidores do bono terán un desconto do 30% en todas as actuacións organizadas polo Padroado e a obriga de utilizalo como mínimo 1 vez ó trimestre). Mocións No capítulo de mocións, hoxe foi debatido un texto do goberno municipal (formado por TEGA, PSOE, BNG e Converxencia Galega) no que se esixe ó Goberno do Estado a paralización e retirada inmediata do anteproxecto de lei orgánica aprobado en Consello de Ministros o 20 de decembro de 2013, polo que se pretende reformar a lexislación vixente en materia de saúde sexual e interrupción voluntaria do embarazo. A moción foi aprobada por tódolos grupos agás o PP que votou en contra. Darase traslado do acordo ó Congreso dos Deputados. Tamén foi presentada outra moción do goberno municipal ó respecto das estradas da Deputación de A Coruña, nas que se solicita maior investimento frente ás obras de mantemento previstas polo goberno provincial. En concreto, reclámase a modificación do proxecto da DP 5404-Xuvia á Praia da Frouxeira, entre os puntos kilométricos 3,500 e 6,500 para que a execución das obras de mellora da plataforma e do trazado programadas, inclúan a acometida dos colectores xerais das redes de saneamento e abastecemento de auga, modificación coa que o Concello se compromete a colaborar economicamente. Asimesmo, solicítase que se executen á maior urxencia as actuacións nas dúas vías provinciais indicadas, conforme aos proxectos mencionados. Esta moción foi aprobada por tódolos grupos agás a abstención do PP. Outra moción do goberno municipal que recibíu luz verde foi a proposta contra a suba nas tributacións das persoas autónomas e pequenas empresas. Instase á Xunta a demandar do Goberno do Estado un posicionamento contrario a esta suba nas cotizacións para persoas autónomas e pequenas empresas, e a instaurar un sistema de cotizacións na que os traballadores autónomos paguen en relación aos seus beneficios reais. Pídese un aumento dos esforzos para loitar contra a fraude fiscal e grave con maiores impostos ás grandes fortunas e ás grandes empresas. E por último, por en práctica políticas activas de emprego. Aprobada cos votos de tódolos partidos agás o voto en contra do PP. O PP presentou unha moción para propoñer que se dote dun parque e servizos para os animais de compañía, que foi desestimada cos votos en contra do resto de partidos da Corporación Municipal de Narón. Os populares tamén viron rexeitada outra moción na que propoñían a rehabilitación do edificio municipal da Terceira Idade de Pedroso e que se autorizase á asociación de veciños para as súas actividades. Reclamábase a rehabilitación deste inmoble con cargo ós fondos recibidos polo Concello de Narón a través do Plan DTC93 da Deputación. No seu lugar, aprobouse unha moción do goberno municipal sobre o mesmo tema, na que se acorda remitir á Deputación da Coruña o proxecto municipal existente para o acondicionamento do edificio da antiga casa reitoral de Pedroso, propiedade do Concello. Asimesmo, se reclama a sinatura dun convenio entre o Concello de Narón e a Deputación provincial coa finalidade de colaborar economicamente no cofinanciamento de dito proxecto. O PP votou en contra.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal