Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE ASINA CATRO CONVENIOS CON CENTROS PÚBLICOS PARA FACILITAR O SERVIZO DE ALMORZOS ESCOLARES
O ALCALDE ASINA CATRO CONVENIOS CON CENTROS PÚBLICOS PARA FACILITAR O SERVIZO DE ALMORZOS ESCOLARES
Os acordos asináronse coa ANPA do CEIP A Solaina, ANPA do CEIP A Gándara, e as direccións do CPI O Feal e do CEIP Virxe do Mar. O Concello investirá perto de 30.000€ neste servizo, do que poderán beneficiarse máis dun centenar de escolares.
Narón, 6 de Febreiro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, acompañado da Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, asinou hoxe catro convenios de colaboración para a posta en marcha do Programa de Educación para a Saúde-Nutrición Escolar. En representación dos colexios nos que se imparte este programa, asinaron o acordo:

-Victor Novo Carballeira (director do CPI O Feal)
-Joaquín Rodríguez Bermúdez (presidente da ANPA do CEIP de A Solaina)
-Manuel Baptista Sueiras (presidente da ANPA “A Buxaina” do CEIP A Gándara)
-Mar Couceiro López (directora do CEIP Virxe do Mar)

O Concello de Narón destinará un total de 27.364€ ó desenvolvemento deste programa de carácter anual, repartido da seguinte maneira:

CEIP A Solaina: 6.600€ (25 prazas)
CEIP A Gándara: 12.936 € (49 prazas)
CPI O Feal: 3.914€ (15 prazas)
CEIP Virxe do Mar: 3.914€ (15 prazas)

Este programa ten os seguintes obxectivos:

-Mellorar a nutrición infantil (en idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos) en períodos matutinos. Desenvólvese entre as 7:30 e as 9:00 horas, de luns a venres, nestes catro centros (que dispoñen tamén de servizo de comedor escolar).
-Crear hábitos de hixiene buco-dental.
-Crear hábitos de inxesta de menús de almorzos equilibrados e suficientes.
-Practicar destrezas e habilidades relacionais por medio de xogos cooperativos.
-Permitir a conciliación da vida familiar coa realidade social e laboral.

Tal e como recordou hoxe o Alcalde, o Concello de Narón estivo a loitar nos últimos tres anos para que a Consellería de Educación da Xunta de Galicia asumise os servizos de almorzo e xantar nos catro centros escolares públicos de Narón que o viñan prestando. Durante este tempo, as ANPAS e o Concello tiveron que facerse cargo deste servizo, a pesares de non ser a súa competencia.

Unha vez conseguido que a Xunta de Galicia se ocupe da xestión dos comedores no actual curso escolar, o Concello tivo que facer fronte ó problema do servizo de almorzos escolares, que quedaban sen atender por parte do goberno autonómico.

Por ese motivo, ideouse este programa en colaboración coas direccións dos colexios e as asociacións de pais e nais de alumnos/as. José Manuel Blanco e Mª del Carmen Espada quixeron agradecer á comunidade educativa escolar a súa disposición á hora de colaborar neste servizo. “Sen a súa axuda non sería posible dispor do servizo de almorzo, que por outra parte é un servizo imprescindible para moitos pais e nais para conciliar a vida familiar e laboral”, recalcou o Alcalde, asegurando que “continuaremos insistindo para que a Xunta de Galicia se faga cargo deste servizo”. O convenio estará vixente ata o 31 de decembro de 2014.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal