Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ALTO CHEGA ÓS 15.000 SOCIOS E DISTINGUE A DEZ PERSOAS COMO 'USUARIOS DE HONRA 2014'
A BIBLIOTECA MUNICIPAL DO ALTO CHEGA ÓS 15.000 SOCIOS E DISTINGUE A DEZ PERSOAS COMO 'USUARIOS DE HONRA 2014'
O Alcalde e a Concelleira de Bibliotecas entregáronlles un diploma conmemorativo e un lote de agasallos institucionais de Narón.
Narón, 8 de Febreiro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino e Bibliotecas, Mª del Carmen Espada, ofreceron hoxe unha recepción ó socio número 15.000 da Biblioteca Municipal do Alto. Trátase de Salvador Fernández Fernández, veciño de Xuvia, e usuario destas instalacións dende o pasado 31 de xaneiro de 2014.

Ademáis, hoxe foron distinguidos dez “Usuarios de honra 2014”:

Os Usuarios de Honra 2014 adultos son:

Carmen Castro Vales
Iván Paulo Valente Lorenzo
Manuela Solla Díez
Esperanza Porta Rodríguez
Jorge Marcos González Baamonde

Os Usuarios de Honra infantís (menores de 14 anos) son:

Miguel Rodríguez Collado
Álvaro Pita Canosa
Juan Romero Durán
Anxo Garrote Pereira
Alicia Garrote Pereira


A categoría de “Usuarios de honra 2014” foi concecida a cinco persoas adultas e cinco nenos/as que durante o ano 2013 tiveron unha especial vinculación coa Biblioteca Municipal do Alto, participando de maneira activa nos seus servizos e actividades.

No caso dos usuarios infantís, son nenos e nenas que ademáis de levar moitos libros e outros documentos en préstamo, participaron en contacontos e obradoiros que leváronse a cabo durante o ano 2013.

No caso das persoas adultas son tamén usuarios/as activos do préstamo e outros servizos coma a sala de lectura e a aula de informática. Algúns deles incluso fixeron suxerencias de compra de materiais bibliográficos.

En total, os usuarios de honra adultos retiraron entre 90 e 150 libros en préstamo ó longo do ano, e os usuarios de honra infantís entre 55 e 140 exemplares.

AS CIFRAS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL NO ANO 2013

Préstamos efectuados:

Monografrías: 31965 volumes.
Documentos sonoros: 155 volumes.
Documentos audiovisuais: 639 volumes.
Documentos electrónicos: 145
Total: 32904 documentos
Media de préstamos/día: 116,68

Usuarios:

Número de novas altas:
Durante 2013 déronse de alta como usuarios da biblioteca 522 novas persoas, das cales:
458 viven en Narón (87,74%)
64 viven noutros concellos (12,26%)

Principalmente en Ferrol, Neda e Valdoviño.

510 déronse de alta na Biblioteca Central (97,70%)
12 déronse de alta nas bibliotecas filiais (2,30%)

299 son mulleres (57,27%)
223 son homes (42,73 %)


Visitas á Biblioteca:

Mulleres menores de 14 anos: 6863
Homes menores de 14 anos: 6947
Mulleres adultas: 27353
Homes adultos: 23876

Total visitas: 65039
Media de visitas ao día: 230,63

Actividades:

Exposicións bibliográficas temáticas:
• Día do pai.
• Día da nai.
• Día da Familia.
• O verán.
• O Nadal.

Exposicións bibliográficas biográficas:
• Hans Christian Andersen (no Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil).
• José Luis Sampedro (homenaxe no seu pasamento).
• Antonio Muñoz Molina (Premio Príncipe de Asturias das Letras).
• Manuel Álvarez Torneiro (Premio Nacional de Poesía 2013).
• Clara Sánchez (Premio Planeta de Novela 2013).
• Nelson Mandela (homenaxe no seu pasamento).


Exposicións Artes (manualidades, pintura, fotografía…)

 Exposición de manualidades da A.VV. de Doso.
 Exposición de manualidades da A.VV. da Gándara.
 Mostra fotográfica “10 anos de biblioteca”.
 Exposición de pintura do alumnado de Piñeiros da mestra Begoña Gorostidi.
 Exposición de manualidades do alumnado de Piñeiros da mestra Begoña Gorostidi.
 Exposición “Coidando o noso mar”, cedida polo CEIDA.
 Exposición “Maquila Boutique” da ONG Implicadas no desenvolvemento.
 Exposición de pintura “O ciclo da vida” da Asociación Cultural Tartares.
 Exposición fotográfica das actividades realizadas en 2013.

Presentación de libros (2)
• Esto no es una fábrica de sonrisas, de Paula Merlán.
• Homiños, de Mario Caneiro
Contacontos infantil: 19 sesións

Visitas guiadas: 624 persoas pasaron pola biblioteca


*Novidades do ano 2013:

-I Mostra do libro usado e de segunda man, na semana anterior ao Día do Libro

-Dúas xornadas de Bookcrossing.

Outras actividades realizadas:
Audicións musicais.
Xuntanzas do Servizo de Orientación de Lectura ás Familias (SOLF)



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal