Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CHARLAS DE FORMACIÓN A AUTÓNOMOS, PEMES E PEQUENO COMERCIO DE NARÓN
CHARLAS DE FORMACIÓN A AUTÓNOMOS, PEMES E PEQUENO COMERCIO DE NARÓN
O xoves 10 de abril organízase a última charla incluída neste programa, baixo o título "A factura eléctrica: Qué pagamos? Posíbeis alternativas para pagar menos".
Narón, 7 de Abril de 2014.- A Concellería de Xestión Orzamentaria e Promoción Económica de Narón, dirixida polo edil Pablo Villamar, en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón (ACN), levará a cabo o vindeiro 10 de abril a terceira charla do ‘Plan de Formación a Autónomos, PEMES e Pequeno Comercio de Narón 2014’, coa que rematará este programa iniciado no mes de febreiro.

A cita é no Café Teatro do Pazo da Cultura de Narón, a partires das 20:45 horas. A entrada é de balde, e están dirixida a comerciantes, autónomos e pequenos empresarios do municipio.

A charla leva por título “A factura eléctrica: Qué pagamos? Posíbeis alternativas para pagar menos”, e será presentada por Olga Ameneiro, presidenta da ACN. Os encargados de impartila serán Xosé Manuel Golpe, técnico da FAEPAC (Fundación Axencia Enerxética Provincial de A Coruña) e Pablo Villamar (Concelleiro de Promoción Económica).

Segundo explicou o edil de Promoción Económica e Xestión Orzamentaria, o Concello de Narón iniciou en febreiro estas charlas coa previsión de prolongalas o resto do ano. Pablo Villamar fixo un chamamento público ós profesionais ós que van dirixidas para a súa participación. Ademáis das conferencias propiamente ditas, inclúense unha rolda de preguntas que poden facer os interesados en relación coa temática de cada charla.

Con anterioridade, celebráronse dúas charlas sobre “Ultimas novidades nas normativas relativas á Seguridade Social e Facenda. Especial referencia ao IVE de caixa” e “Principios de xestión para a pequena e mediana empresa”.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal