Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLERÁ O 1 E 2 DE MARZO A 3ª EXPOSICIÓN NACIONAL CANINA 'CIDADE DE NARÓN'
O RECINTO FEIRAL DO TRECE ACOLLERÁ O 1 E 2 DE MARZO A 3ª EXPOSICIÓN NACIONAL CANINA 'CIDADE DE NARÓN'
Na Exposición Nacional se disputará un punto valedero para o Campionato Galego. Ademáis, haberá exhibicións caninas e concursos de mascotas con e sen pedigree.
Narón, 20 de Febreiro de 2014.- O Recinto Feiral do Trece (Sedes) acollerá os días 1 e 2 de marzo a III Exposición Nacional Canina, organizada pola Sociedade Cinolóxica Galega (Expogal) en colaboración co Concello de Narón, con entrada de balde. O evento foi presentado hoxe en rolda de prensa polas Concelleiras de Feiras e Mercados (Mª del Mar Gómez) e Turismo (María Rodríguez Porto) e o presidente de Expogal (Javier Dávila).

Por terceiro ano consecutivo, a Exposición Nacional Canina de Beleza celebrarase en Narón, e disputarase un punto para o Campionato Autonómico. A organización admite as seguintes categorías:

-Clase campións (para os exemplares que posúan o título de Campión de España ou dun país extranxeiro recoñecido internacionalmente)

-Clase aberta (para os exemplares maiores de 15 meses)

-Clase intermedia (para os exemplares que teñan entre 15 e 24 meses)

-Clase xoves (para os exemplares que teñan de 9 a 18 meses)

-Clase cachorros (para os exemplares que teñan de 5 a 9 meses)

-Clase moi cachorros (para os exemplares que teñan de 3 a 5 meses)

-Clase parellas (para macho e femia da mesma raza e variedade e do mesmo propietario, presentados por unha soa persoa)

-Grupo de cría (para os grupos de tres exemplares ou máis da mesma raza e variedade sen distinción de sexo, dun mesmo criador aínda que non sexan da súa propiedade no momento da exposición)

As inscricións poderán realizarse na páxina web de Expogal (www.expogal.es) dende hoxe e ata o mesmo día da Exposición, finalizando o domingo día 2 de marzo ás 11:00 horas. O pago deberá realizarse mediante transferencia bancaria ó seguinte número de conta: Caixa Galicia: 2091 0226 21 3040028340


Existen dous prazos para inscribirse, e dependendo do que se elixa tamén varía o prezo.

Primer prazo: do 21 ó 25 de febreiro
Segundo prazo: do 26 de febreiro ó 2 de marzo

1º prazo 2º prazo
Primer exemplar 15 € 20 €
Segundo exemplar 10 € 15 €
Terceiro exemplar 5 € 10 €
Parellas 8 € 15 €
Grupo de cría Gratis Gratis

-Recoñecemento de raza para cans sen pedigree: 35€

O calendario da III Exposición Nacional Canina é o seguinte:

SÁBADO 1 DE MARZO:

-16:30 horas: Concurso de mascotas con e sen pedigree.

Poderán participar cans –con e sen pedigree- de tódolos tipos e clases. Organizaranse nas seguintes categorías: Miss, Mister, King-Kong e Pitufín.
As inscricións para participar neste concurso poderán realizarse a partires das 16:00 horas. O prezo é de 3€. É imprescindible que os cans teñan a cartilla sanitaria en regra, e que posúan microchip. Ademáis, no caso de ser cans de raza potencialmente perigosa, deberán ter os documentos dos animais e as licenzas segundo a normativa vixente.

-Exhibicións caninas.

DOMINGO 2 DE MARZO:

-10:00 a 11:00 horas: Entrega da documentación, control veterinario itinerante e fin das inscricións.

-11:00 a 14:00 horas: Comezo dos xuízos da Exposición Nacional Canina.

-16:30 horas: Finais e entrega de trofeos

Para máis información, pódese contactar con Expogal no teléfono 637 521 932, no enderezo web www.expogal.es ou ben no correo electrónico expogal@yahoo.es



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal