Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO PROMOVE ACTIVIDADES CULTURAIS, GASTRONÓMICAS E LÚDICAS PARA CELEBRAR O ENTROIDO 2014
O CONCELLO PROMOVE ACTIVIDADES CULTURAIS, GASTRONÓMICAS E LÚDICAS PARA CELEBRAR O ENTROIDO 2014
Haberá un concurso gastronómico nos establecementos de hostelería, o tradicional Festival de Comparsas do Pazo da Cultura, a 10ª Festa do Cocido de A Gándara e un tapeo do entroido en bici.
Narón, 20 de Febreiro de 2014.- O Concello de Narón celebrará o Entroido 2014 cunha semana repleta de actividades culturais, lúdicas e gastronómicas. A programación de actividades que se desenvolverán durante estos días (do 27 de febreiro ó 5 de marzo) foi presentado hoxe en rolda de prensa polo Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, e o Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo. Tamén participaron na rolda de prensa as Concelleiras de Turismo, María Rodríguez Porto, e Festas, Mª del Mar Gómez, xunto co tesoreiro da Asociación de Veciños de A Gándara, Juan Muiño.

“Queremos recuperar as tradicións, disfrutar do carácter lúdico e turístico do Entroido, e tamén contribuir a darlle unha inxección económica ó comercio e á hostalería”, indicou o Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar.

A programación de actos para celebrar o Entroido 2014 é a seguinte:

-Narón Gastronómico, do 27 de febreiro ó 5 de marzo. Concurso gastronómico de degustación gratuíta de tapas elaboradas con produtos típicos do Entroido. Xunto coa consumición, as tapas poderán degustarse nun total de 29 establecementos de hostalería (bares, mesóns e restaurantes). Ademáis, haberá premios para establecementos (un xurado elixirá as tres mellores tapas e os seus creadores recibirán premios económicos) e clientes (sorteo de 5 ceas para dúas persoas nos locais adheridos).

-Comparsas na rúa, o xoves 27 de febreiro e o sábado 1 de marzo (logo do festival)

-10ª Festa do Cocido de A Gándara, o sábado 1 de marzo na Casa da Mocidade. O xantar estará composto por sopa, lacón, orella, chourizo, costela, grelos, garbanzos, patacas, pan, e viño ou auga. Sobremesa: torradas de anís e café. As comparsas animarán a sobremesa ata as 17:00 horas, que sairán en desfile cara ó Pazo da Cultura. Prezo: 13 € para socios e 16 € para non socios.


O aforo é limitado (500 persoas), e as entradas poderán retirarse ata o sábado 22 de febreiro no local social de A Gándara, de 18 a 20 horas.

-Festival de Comparsas, o sábado 1 de marzo no Pazo da Cultura de Narón, a partires das 18:00 horas. As invitacións son de balde e poderán retirarse nas billeteiras do Pazo a partir do luns 24 de febreiro. Daranse un máximo de 4 invitacións por persoa.

-Tapeo do entroido en bici, o domingo 2 de marzo. Farase un percorrido en bicicleta, no que os ciclistas poderán ir disfrazados ou ben disfrazar a súa bici. A saída será ás 11:00 horas da Avenida de Cataluña (xunto ó CC Odeón) e chegarase ás 14 horas ó mesmo punto. Ó longo de tres horas, realizaranse diversas paradas en establecementos de hostalería para degustar as tapas participantes no Entroido Gastronómico de Narón.

Relación de locais que participan no Entroido Gastronómico 2014:

Zona Urbana: A Parrillada do Mercado, Bar O Faro, Bar Ortegal, Bar Terra-Chá, Cervecería Australian, Cervecería El Mercado, Cervecería Indalo, Cervecería New Orleans, Cervecería O Druída, Cervecería O Paseo, Estrela do Ponto, Excellsior, Gastrobar Piñeiros, La Barra de Oro, Mesón O Alecrín, Mesón O Fogar, Mesón O Perdidiño, Mesón O Pío, O Petisco, O Recanto, Restaurante Fortunato, Romero II, e Vinatería Philadelphia.

Zona rural: Café Bar Marinito, Restaurante 3 Pes, Restaurante A Trasanquesa, Casa Pendás, Romero I, e Xatova.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal