Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ENTREGA DE DIPLOMAS ÓS 22 HOMES QUE PARTICIPARON NO OBRADOIRO DE CORRESPONSABILIDADE NA COCIÑA
ENTREGA DE DIPLOMAS ÓS 22 HOMES QUE PARTICIPARON NO OBRADOIRO DE CORRESPONSABILIDADE NA COCIÑA
Aprenderon a elaborar diferentes menús, e a comprar os produtos necesarios para a súa preparación.
Narón, 3 de Marzo de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Igualdade, Teresa Sabio, entregaron recentemente os 22 diplomas correspondentes ó “Obradoiro de corresponsabilidade na cociña”, que tivo lugar no Centro Comunitario “Casas da Mariña” e no Centro Comunitario “Manuela Pérez Sequeiros”, no mes de decembro de 2013 e cunha duración total de 48 horas.

Este obradoiro estivo dirixido exclusivamente a homes, e foi impartido por profesores de cociña, os cales ensináronlles a elaborar diferentes menús e a comprar os produtos necesarios para a súa preparación. Os alumnos axudaron no proceso de creación destes pratos, e tomaron nota durante as sesións para lembrar todo o aprendido. Ó finalizar cada clase, degustáronse os menús preparados para a ocasión.

O “Obradoiro de corresponsabilidade na cociña” estivo organizado pola Concellería de Igualdade de Narón, para fomentar a corresponsabilidade nas tarefas domésticas, implicar ó home na alimentación da unidade familiar e impulsar varóns autónomos e independentes.

A través de programas coma éste, preténdese romper estereotipos sexistas e fomentar a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Tamén é útil para que os homes se inicien na cociña básica e de base popular, aprendan diferentes receitas e trucos de cociña, fomenten a conciliación da vida laboral e familiar, e desenvolvan a súa autosuficiencia nas tarefas domésticas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal