Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE REÚNESE COAS ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DE XUVIA, PIÑEIROS, O COUTO E FREIXEIRO PARA FALAR DAS OBRAS DE SANEAMENTO DA RÍA
O ALCALDE REÚNESE COAS ASOCIACIÓNS DE VECIÑOS DE XUVIA, PIÑEIROS, O COUTO E FREIXEIRO PARA FALAR DAS OBRAS DE SANEAMENTO DA RÍA
O proxecto permanece a exposición pública no Concello ata o 25 de marzo.
Narón, 4 de Febreiro de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Servizos, Pablo Mauriz, mantiveron onte unha xuntanza coas asociacións de veciños de Xuvia, Piñeiros, O Couto e Freixeiro, para falar das obras de construción dos “Interceptores Xerais da Marxe Dereita da Ría de Ferrol”, cuxo proxecto foi anunciado polo Estado a través da publicación no BOE o pasado 17 de febreiro de 2014.

O rexedor anunciou ás asociacións de veciños, por cuxos barrios discorrerán as obras, que o proxecto está a exposición pública no Concello ata o día 25 de marzo para a súa consulta e presentación de suxestións. Asimesmo, entregou ós representantes veciñais os planos das obras para que eles tamén informen ós veciños dos seus barrios.

Os traballos de construción dos interceptores xerais da marxe dereita da Ría de Ferrol teñen un orzamento base de licitación de máis de 11 millóns de euros, e deberán estar finalizados antes do 31 de decembro de 2015. Neste proxecto inclúense as seguintes obras:

-Construción do tanque de tormentas de Xuvia.
-Substitución do interceptor existente entre Neda e o tanque de tormentas de Xuvia polo novo colector xeral de Xuvia.
-Construción de dous novos colectores xerais entre O Cadaval e o tanque de tormentas de Xuvia.
-Construción do colector xeral de Piñeiros.
-Substitución da rede existente en dous puntos (nas proximidades do Regato de Pedregal e de Megasa) para captar os verquidos desa zona, e construir un novo colector que transporte as augas residuais ó novo colector xeral de Xuvia.
-Construción de novos colectores no Parque do Río Freixeiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal