Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
OS ALCALDES DE NARÓN E NEDA ACORDAN REVISAR OS LÍMITES XEOGRÁFICOS ENTRE AMBOS MUNICIPIOS
OS ALCALDES DE NARÓN E NEDA ACORDAN REVISAR OS LÍMITES XEOGRÁFICOS ENTRE AMBOS MUNICIPIOS
Agárdase que no ano 2015 esté rematado o proceso de definición dos límites.
Narón, 5 de Marzo de 2014.- Os Alcaldes de Narón e Neda, José Manuel Blanco e Ignacio Cabezón respectivamente, mantiveron recentemente unha entrevista institucional no Concello de Narón na que se falou principalmente da necesidade de fixar os límites xeográficos entre ambos municipios, posto que a última revisión dos mesmos data dos anos 50.

Actualmente Narón ten xa pechados os límites co Concello de Ferrol (de xeito definitivo) e con Valdoviño (pendente de informe da Xunta de Galicia), e está a iniciar o proceso co Concello de San Sadurniño. Coa incorporación de Neda ó proxecto, o Concello de Narón agarda ter tódolos límites establecidos de xeito definitivo antes de que finalice esta lexislatura, no ano 2015.

“Queremos establecer os límites entre Narón e Neda, e en principio non hai grandes contradicións entre ambos concellos nas nosas propostas” sinalou ó respecto José Manuel Blanco, Alcalde de Narón. O rexedor naronés explicou que tras esta primeira toma de contacto, haberá unha reunión técnica para definir as liñas de actuación, e posteriormente para iniciaros traballos de delimitación haberá que crear unha comisión da que formarán parte veciños e representantes políticos de ambos municipios.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal