Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA UNHA MESA REDONDA SOBRE EDUCACIÓN EN IGUALDADE CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DIA INTERNACIONAL DA MULLER
O CONCELLO ORGANIZA UNHA MESA REDONDA SOBRE EDUCACIÓN EN IGUALDADE CON MOTIVO DA CONMEMORACIÓN DO DIA INTERNACIONAL DA MULLER
A cita é o mércores 12 de marzo, a partires das 18:00 horas, no Local Social Municipal de O Alto. Participan catro mulleres destacadas, de diferentes ámbitos da sociedade.
Narón, 11 de Marzo de 2014.- A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Teresa Sabio, convoca para o mércores 12 de marzo ás 18:00 horas no Local Social Municipal de O Alto, unha mesa redonda titulada “Educando en igualdade”. A entrada é de balde. Nesta convocatoria se tratará o tema da educación en igualdade, intentando sensibilizar á poboación, analizando os estereotipos de xénero na familia, na escola e na comunidade, e as formas de manifestarse e medios para combatelos.

Esta dinámica permitirá que participen persoas que sexan referentes nos distintos eidos, para poder falar da súa experiencia. Deste xeito, compartiranse actitudes e puntos de vista diferentes para analizar a realidade, potenciando un espazo de intercambio e de apertura do pensamento propio e doutras persoas.

A moderadora será Cristina Justo, Socióloga experta en Igualdade. Contarase coas seguintes participantes:

-Mª del Carmen López (Psicóloga da Asociación de Loita contra os malos tratos “Almat”)
-Eugenia Méndez (Xerente da Fundación Terra de Trasancos)
-Maria Jesús Pérez (secretaria Asociación de Mulleres con discapacidade de Galicia “Acadar”)
-Chus Barreiro (Maestra do Instituto de Educación Secundaria As Telleiras)

Este acto forma parte do programa conmemorativo do 8-M, Día Internacional da Muller. No mesmo marco, o venres 14 de marzo celebrarase a tradicional Cea de Mulleres, no Restaurante “A Trasanquesa” (Sedes) no que se volverá a homenaxear a Dolores Graña Freire, elexida Muller do Ano 2014 en Narón.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal