Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DE PREMIOS CORRESPONDENTES Ó CONCURSO ENTROIDO GASTRONÓMICO 2014
Os establecementos gañadores no Concurso de Tapas foron: Mesón O Pío, Parrillada El Mercado, e Casa Pendás. En total, servíronse máis de 6.000 tapas nos 30 establecementos participantes.
Narón, 14 de Marzo de 2014.- O Mesón O Pío, a Parrillada El Mercado e Casa Pendás, resultaron gañadores no Concurso de Tapas Entroido 2014 organizado polo Concello de Narón do 27 de febreiro ó 5 de marzo no marco do programa Narón Gastronómico. Os gañadores recibiron hoxe os premios de mans do Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e do Concelleiro de Promoción Económica, Pablo Villamar, responsable deste programa. “Mesón O Pío” alzouse co Premio de Votación Popular, dotado con 300 euros e unha placa honorífica, pola tapa “Filloa de grelos rechea de carne celta de Fonsagrada, queixo de tetilla e cordón de humus ao pemento chouriceiro”. Os establecementos gañadores na modalidade de Xurado Profesional foron: 1º Premio (dotado con 500 euros e unha placa): “Mesón O Pío” coa tapa “Torrada amigada sobre sopa de cabalo cansado e o seu granizado”. 2º Premio (dotado con 300 euros e unha placa): “Parrillada El Mercado” coa tapa “Cocido actualizado”. 3º Premio (dotado con 200 euros e unha placa): “Casa Pendás” pola tapa “Albóndigas de cocido co seu caldo”. O xurado do certame, estivo formado por Rodrigo Poveda (Cociñeiro profesional), Eliseo Faraldo (membro da asociación gastronómica “Os Cazoleiros”) e Pablo Villamar (Concelleiro de Promoción Económica de Narón). Os tres puxeron de manifesto o alto nivel do concurso tanto no referido á gran participación como á calidade das creacións gastronómicas presentadas, todas elas sen coste algún para o público. Sorteo Hoxe tamén tivo lugar no Concello o sorteo das cinco cenas para dúas personas nos establecementos que participaron no concurso. Fíxose mediante a recollida de cinco papeletas de forma aleatoria de todas as depositadas nas urnas durante o concurso. A organización contactará cos agraciados nos próximos días para comunicarlles o lugar no que poden celebrar a velada. Preto de 30 establecementos de hostelería de Narón participaron neste primeiro Concurso de Tapas Entroido 2014 ó que se presentaron máis de 40 creacións culinarias típicas do carnaval doces e salgadas. En total escrutáronse preto de 6.000 papeletas nas que o público fixo as votacións. Os establecementos e as tapas participantes no Concurso Gastronómico foron: Zona Urbana: Parrillada do Mercado (Cocido actualizado); Bar o Faro (Tosta de cocido; Rosquillas de Entroido); Bar Ortegal (Entroido do Ortegal); Bar Terra Cha (Orella con Pementón e Filloa rechea de crema flambeada de Cointreau); Cervecería Australian (Por ki ño?); Cervecería El Mercado (Carpaccio de lacón sobre tella de pan);Cervecería Indalo (Tapa Entroido); Cervecería New Orleans (Pincho Nova Orleans; Doce Nova Orleans); Cervecería O Druida (Brocheta de Cocido; Druidesa de Cocido; Cocipizza), Cervecería O Paseo (Revolto de grelos con bacalao; Orella en salsa); Estrela do Ponto (Crêpe de Morte Porca); Excellsior (Crocante de Entroido con salsa de grelos); Gastrobar Piñeiros (Lacón con grelos; Manciñas de Porco; Freixós); La Barra de Oro (Pataca rechea de cocido), Mesón O Alecrín (Empanadiñas de Entroido, Freixós recheos; Mesón O Fogar (Revolto de grelos; Pincho de cocido; Freixós); Mesón O Perdidiño (Croqueta de Entroido); Mesón O Pío (Filloa de grelos rechea de carne celta da Fonsagrada, queixo de Tetilla e cordón de humus ao pemento chouriceiro; Torrada amigada sobre sopa de cabalo cansado e o seu granizado); O Petisco (Filloa “O Petisco”; O Recanto (Patacas recheas de lacón con grelos); Restaurante Fortunato (Tapa do Entroido); Romero II (Cocido do Romero); Vinatería Philadelphia (Entroido Philadelphia). Zona Rural: Café Bar Marinito (Cocido Marinito); Restaurante 3 PES (Tapa 3 PES), Restaurante A Trasanquesa (Chicharróns prensados con grelos); Casa Pendás (Albóndigas de cocido co seu caldo), Romero I (Cocido do Romero); Xatova (Cocido, Torradas, Caldo)

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal